Medidas do brillo do ceo en Santa Cruz, Oleiros (14-23/08/2020)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

En Santa Cruz, no concello de Oleiros, moi preto da cidade de A Coruña, teñen unha historia romántica cunha pardela cincenta, unha das aves mariñas máis afectadas pola contaminación luminosa e vimos de medir alí o brillo do seu ceo nocturno cuns resultados interesantes.

Ubicación do SQM en Santa Cruz, Oleiros.

Tomáronse medidas dun total de oito noites, onde só unha o ceo estivo despexado, aínda que esa noite, a última, foi húmida e houbo moito orballo. Nesta noite despexado vese un ceo aceptable tendo en conta a proximidade dunha cidade como A Coruña, aínda que hai que resaltar que o SQM colocouse fóra do núcleo urbano de Santa Cruz, nunha finca privada sen luces. O resto de días vense gráficas moi cambiantes debido ás nubes, nas que se reflicte a luz ao haber contaminación luminosa na contorna e aumeta o brillo (é dicir, as medidas dan magnitudes máis baixas).

Arquitectura con luz propia (II edición)

English

Español

Máis info

Actividade anunciada en:

O 28 de abril de 2015 ás 17:30 comezará na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) do Campus de Zapateira a segunda edición da actividade de Arquitectura con luz propia (aquí info sobre a primeira). As ponencias terán lugar no Salón de Actos, na planta 0 de acceso.

O programa xa é definitivo:

05_CARTEL_DEF_

  • Roberto Hermida representando a Asociación Drosera. Roberto é doutor en Bioloxía e traballa en proxectos de conservación de morcegos dentro do programa Morcegos de Galicia, que aglutina todas as iniciativas de conservación, divulgación e sensibilización que realiza a asociación sobre os morcegos.
  • Miguel Ángel Rodríguez, director dende 2006 de Intervento, empresa fundada en 1993 adicada a museografía e iluminación. É licenciado en Física pola Universidade Complutense de Madrid e especializouse en iluminación realizando un posgrao na Politécnica de Catalunya e outro na ETSAM. Conta cun extenso currículo de proxectos de iluminación e é profesor da ETSAM e da Universidade de Alcalá de Henares.
  • Víctor Tilve. Membro de Calidade do Ceo, doutorando en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e membro da Rede Española de Estudos sobre  Contaminación Lumínica.
  • César Portela. Arquitecto galego que participou no comité científico da Declaración Starlight. Non está asegurada a súa presenza, pero si unha ponencia súa (gravada ou lida).
  • Sergio París representando á Sociedade Galega de Ornitoloxía. Enxeñeiro técnico forestal, desenvolve o seu labor profesional no campo da consultoría ambiental e evaluación de impacto ambiental de proxectos. Secretario da SGO e coordinador nesta asociación de diversos programas de seguemento de aves. A SGO unifica dende 1999 os labores de conservación de aves en Galicia e coordina a celebración de diferentes proxectos e congresos, como a realización do Anuario de Aves de Galicia e o Congreso Galego de Ornitoloxía, de periodicidade trienal.
  • Martin Pawley, membro da Xunta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, asiste en representación da mesma. Martin Pawley, de profesión crítico, programador e productor de cinema, foi un dos organizadores da Mostra de Ciencia e Cinema da Coruña (2007-2011), coautor dunha “Guía do ceo” editada en 2009 pola editorial Le Pourquoi Pas e colabora dende hai anos no programa dirixido por Manuel Vicente “Efervescencia” da Radio Galega. A agrupación, fundada en 2002 participa anualmente na Hora del Planeta e na Semana da Ciencia de Coruña, ademais de pertencer á Federación de Asociaciones Astronómicas de España e a Cel Fosc, asociación contra a contaminación lumínica.

Faros que non xiran e contaminación lumíninca nos portos

Cada día son maiores as consecuencias negativas da contaminación lumínica sobre a seguridade portuaria. Ademais, a propia contaminación lumínica emitida polos portos é cada vez máis importante sobre os entornos nos que se ubican, incluso cando estos son urbanos.

Debido á contaminación lumínica e para evitar cegamentos estase a probar un novo faro en España. Non sabemos se o tema LED e a cor que elixan será o mellor, pero neste caso, por non saber de faros non imos opinar neste apartado. Pincha aquí para ler a nova.

Dende hai uns anos hai unhas luces brancas que aumentaron considerablemente a contaminación lumíninca
Porto de Vigo. Dende hai uns anos hai unhas luces brancas que aumentaron considerablemente a contaminación lumíninca

A solución do faro que non xira por si soa non acabará co problema. Os cegamentos en portos urbanos poden ser causados pola luz da cidade cando esta non é correcta, e pola do propio porto.

Un problema engadido nos portos é que estos poden estar ubicados en zonas protexidas. Seguindo co de Vigo, este está ubicado nunha zona de protección de aves e tamén preto do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se quere declarar destino Starlight (ler aquí e aquí).

Por todo o comentado os portos deberían empezar a ser parte activa na loita contra a contaminación lumínica.

Arquitectura con luz propia: haberá que volver…

Haberá que volver a Coruña o próximo curso xa que vivimos unha boa experiencia que queremos revivir e porque cremos que a participación dos arquitectos na loita contra a contaminación lumínica é imprescindible.

Empezamos falando de que é a contaminación lumínica e das súas consecuencias para logo empezar a falar da arquitectura e a iluminación. No tempo de debate algúns asistentes animáronse a falar e xa no roteiro polo Campus de Zapateira case todos os presentes, algo máis de 20 persoas, intercambiaron opinións sobre todas as luces e os tipos de iluminación.

O que nós percibimos é que, a medida que a actividade avanzou, os futuros arquitectos empezaron a identificar por si memos todos os puntos de luz que emiten contaminación lumínica, que é o obxectivo destas actividades.

Agradecemos a todos a súa asistencia e, sobre todo, a participación activa. É un pracer para nós intercambiar opinións e experiencias para aprender e mellorar.

Temos que agradecer unha vez máis o interese da Asociación Xuvenil Perspectivas en facer esta actividade e, coma sempre que estamos pola Coruña, a colaboración da Asociación Astronómica Coruñes Ío, que sempre están aínda que estea cuberto e non se poida sacar un telescopio ao finalizar a actividade. Resaltar neste contexto que ambas asociacións quedan en contacto para levar a cabo unha sesión astronómica cando faga bo tempo.

Coma sempre deixamos unhas fotos. Nesta ocasión contamos con varios fotógrafos. De momento só contamos coas fotos de Borja Tosar, pero a medida que vaiamos recibindo máis editaremos esta entrada.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Aquí vos deixamos máis fotografías do evento feitas pola fotógrafa SandraTei (podedes ver máis traballos seus na páxina: http://cargocollective.com/sandratei )

01_Sandratei02_Sandratei  03_Sandratei 04_Sandratei 05_Sandratei 06_Sandratei 07_Sandratei 08_Sandratei 09_Sandratei 10_Sandratei 11_Sandratei 12_Sandratei 13_Sandratei 14_Sandratei 15_Sandratei 16_Sandratei 17_Sandratei 18_Sandratei 19_Sandratei 20b_Sandratei 21_Sandratei 22_Sandratei 23_Sandratei 24_Sandratei 25_Sandratei 26_Sandratei 27_Sandratei 28_Sandratei

Actividade: Arquitectura con luz propia

Resumo da actividade

Ou ben o día 22 ou o 23 de abril, dependendo das condicións metereolóxicas, estaremos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (Campus de Zapateira) nunha actividade que organizamos coa Asociación Xuvenil Perspectivas (@AXPerspectivas) e coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

A actividade está aberta a todo o mundo. Inscríbete aquí.

cartel_arquitectura_luz_propia