Contaminación luminosa e evolución

Grazas á Rede Española de Estudos sobre Contaminación Luminosa (REECL) coñecimos a recente publicación do artigo ‘Reduced flight-to-light behaviour of moth populations exposed to long-term urban light pollution‘ (As bolboretas nocturnas mudan o seu comportamento de voo cara a luz tras estar expostas á luz urbana por longo tempo).

bolboreta_nocturna_baixo_mino
Bolboreta nocturna do Baixo Miño. Fonte: Anabam

O investigador da REECL Joaquín Baixeras, biólogo do Instituto Cavanilles de biodiversidad y biología evolutiva da Universitat de València, tivo a ben de nos facer o seguinte comentario moi clarificador sobre o estudo citado:

Os resumo la idea a los no biólogos: las mariposas nocturnas vuelan y son atraídas por la luz, esto lo sabemos, pero nunca todos los individuos vuelan igual, como no todos comen igual o reaccionan igual. Como en cualquier población, puede haber individuos de una misma especie que sean más voladores que otros, lo que se relaciona con su capacidad mayor o menor para colonizar nuevos espacios y en definitiva una -siempre variable- capacidad de dispersión.

Los individuos más “sedentarios” seguramente contribuyen a mantener poblaciones locales, los más “intrépidos” permiten colonizar nuevos espacios, entre ambos extremos podemos imaginar toda gama de “grises”. Son estrategias complementarias, que se necesitan las unas a las otras; no es que sean ni buenas ni malas. La sospecha era si la luz urbana podía estar ejerciendo una selección –negativa en este caso- sobre los individuos más voladores, dado que se está atrayendo fundamentalmente a los individuos más activos –digamos más “intrépidos”- que ven castigada fatalmente su iniciativa en favor de individuos de hábitos más sedentarios. Este articulo presenta evidencia en favor de que efectivamente, incluso algunas especies de carácter bastante invasivo, como en las que se basa el estudio, pueden estar sufriendo fuertes desviaciones en su comportamiento. Si se favorece a los individuos más sedentarios al distraer a los más voladores se disminuye la circulación de genes entre poblaciones (flujo genético lo llamamos) porque favorecemos la genética de los individuos menos activos en el vuelo. A la larga, esto puede afectar –ya- a otros elementos del ecosistema. Por ejemplo, dado que los individuos más voladores también son los que más visitan flores y por lo tanto contribuyen a la polinización, las plantas dependientes de esta polinización también se verán afectadas.

Queda claro,unha vez máis, que a contaminación luminosa ten efectos perxudiciais nos ecosistemas.

 

As luces da miña rúa

Pegáronnola outra vez con nocturnidade

Así de rotundo conclúe o seu artigo publicado en El Periódico o director de cine David Trueba. Un bo artigo sobre as consecuencias de que a xente non participe na xestión da iluminación pública e que non exista, todavía, unha cultura da luz que nos permita alumar para ver e sen contaminar. Neste sentido Trueba di:

A temperatura de cor é, como todo afeccionado ao cine sabe, un estado de ánimo

O artigo: http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/las-luces-calle-por-david-trueba-3884644

Apagando a luz, acendendo o ceo

Apagando a luz, acendendo o ceo. Así titula La Voz de Galicia un artigo publicado o día un de febreiro de 2015 no que se fala do Ano Internacional da Luz e da contaminación lumínica. Nel participan vellos coñecidos nosos: Borja Tosar (astrónomo e membro da Asociación Astronómica Ío) e Salvador Bará (doutor e profesor de Física da USC).

O artigo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/02/01/apagando-luces-encendiendo-cielo/0003_201502SX1P12998.htm#

prensaPor sorte cada vez hai máis artigos xornalísticos sobre contaminación lumínica. Isto permite que a mensaxe sobre este problema chegue á xente e outorga argumentos basados en opinións e estudos científicos para que todo o mundo poida tomar mellores decisións e pedir melloras na iluminación das súas contornas. Queremos mostrar a nosa satisfacción por isto e recoñecer aquí o labor que investigadores e membros de asociacións como a IDA, a REECL, Cel Fosc e da iniciativa Starlight realizan para que a contaminación lumínica teña cada vez máis presenza nos medios. Temos algunhas publicacións xornaísticas e científicas recollidas nesta páxina do noso blog: Artigos e publicacións de interese

A contaminación lumínica en libros

Proximamente mercaremos os seguintes libros que tratan sobre a contaminación lumínica. Se algún dos nosos lectores xa leu algún agradeceriamos que comentase algo sobre o libro.

Por un lado temos o libro El fin de la oscuridad, que se pode mercar en formato dixital en Amazon ou na Casa del Libro, entre outros. Por outro lado está El paisaje nocturno y la iluminación en los Centros Históricos Urbanos, libro que nace das Jornadas de Iluminación. Paisaje nocturno en los conjuntos históricos.

Esperamos que podan ser libros do voso interese.

Efectos da luz sobre a saúde humana

Na revista Física y Salud, publicación divugativa do Colexio de Físicos, publicouse no 2008 unha interesante reportaxe sobre os efectos da luz na saúde humana que queremos compartir. Unha das participantes nesta reportaxe, Mª Ángeles Bonmatí, estivo a semana pasada na 1ª reunión científica da REECL.

Evolución do tipo de luz durante o día
Evolución do tipo de luz durante o día

Todo o que aquí se pode ler corresponde ao traballo realizado polo Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia. O artigo é divultago e para todos os públicos. Recomendamos a súa lectura para ver a contaminación lumínica dende outra perspectiva.

Reportaxe: El lado oscuro de la luz. Efectos de la contaminación lumínica.

A descontaminación lumínica

En agosto de 2014 publicouse na revista Electra, revista técnica sobre innovación eléctrica, iluminación e TICs, un interesante artigo de Josep M. Ollé, profesor asociado de Luminotecnia da Universidat Rovira i Virgilli, universidade pública de Tarragona.

O artigo trata sobre a descontaminación lumínica e trata temas moi interesante como a toxicidade da luz (que afecta incluso aos insectos. No artigo faise referencia a u traballo do Museo das Bolboretas de Cataluña que alerta deste proble), actuacións de melloras de iluminación exterior e a aparición dun novo LED que de verdade axuda a diminuír a contaminación lumínica, o PC ámbar, que, como se di e xustifica no artigo, non ten efecto sobre os ritmos circadianos do ser humán.

O artigo conclúe con estas palabras moi acertadas:

A descontaminación lumínica das nosas cidades, non só é posible senón que é necesario realizala canto antes. Non se trata de deixar a oscuras as cidades senón de alumar só os espazos que deben ser alumados coa luz menos danina posible
e cos niveis de iluminación mínimos, aqueles
que os expertos internacionais recomendan
como suficientes para garantir unha adecuada visión sen afectar á sensación de seguridade.

Aquí tedes o artigo completo: “La descontaminacion lumínica”

A OCU (@consumidores) estuda os LEDs

E o resultado, como non podería ser doutro xeito, non é o que nos venden:

¿Duran las bombillas LED tanto como se dice?

Facemos fincapé nesta frase:

Emplean más materiales en su composición, especialmente metales, lo cual redunda en un mayor impacto sobre el medio ambiente.

Moito ollo co que lemos e mercamos. O impacto ambiental dun obxecto debe medirse por todo o seu ciclo de vida: dende a fabricación ata a súa eliminación ou reciclaxe.

 

 

Amnesia colectiva

Fernando Cabrerizo, membro de Cel Fosc, atopou este artigo, http://www.fogonazos.es/2014/02/cincuenta-anos-de-peces-menguantes-en.html, do que salienta o seguinte:

Las sonrisas de los pescadores en las fotos que revisó McClenachan evidencian algo más: sin importar la década a la que pertenecen, todos los turistas están orgullosos con su pesca. Es el logro del día. El ser humano se contenta con lo que ahora le ofrece el mar porque ignora lo que había antes. A esto se llama diminishing baseline, es decir, que cada generación se contenta con menos en el mar, porque no saben lo que se ha perdido. Es como una amnesia colectiva sobre cómo debería ser la naturaleza.

Este anaco de texto é extrapolable á contaminación lumínica, e é que xa nos conformamos con ver 4 estrelas e non nos preocupa o que hai detrás dese manto de luz que nos envolve.

A seguinte imaxe mostra como, por sorte, sempre hai quen intenta recompoñer o pasado. Neste caso Alex Ruíz imaxina o momento no que Van Gogh debuxaba o seu cadro “A noite estrelada” e nós intentamos convencervos de que se pode recuperar ese pasado e a beleza do ceo nocturno perdidos.

Autor: Alex Ruíz. Sempre hai quen intenta recompoñer o pasado. Fonte: http://www.blogodisea.com/2011/la-noche-estrellada-de-van-gogh-se-torna-real/arte/
Autor: Alex Ruíz. Fonte: http://www.blogodisea.com/2011/la-noche-estrellada-de-van-gogh-se-torna-real/arte/

Posta a punto da contaminación lumínica

Recordamos de novo este arquivo curto pero claro sobre a contaminación lumínica.

Calidade do ceo

Abrimos esta entrada para ter a bo recaudo un bo artículo que resume moito do que hai que saber da contaminación lumínica.

O seguinte artigo de El País fala da iluminación, de exemplos prácticos e reales de boas prácticas, de aforro enerxético, de entornos de ceo escuro que hai que coidar, lexislación… Todo claro e conciso e todo nunha linguaxe apta para tódolos públicos.

Unha lectura case que obligada para entender a mensaxe que grupos coma o noso quere difundir:

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2011/05/19/actualidad/1305756006_850215.html

Copia do artigo, obra de Sergio C. Fanjul publicado no diario El País en maio de 2011:

S i usted vive en una ciudad y de noche levanta el rostro hacia el cielo, en vez de admirar los miles de estrellas que nos acompañan si­lenciosas desde que el hombre es hombre, alimentando nuestra imaginación, lo que verá será un cielo turbio en el que apenas resplandecen la luna, algún…

View original post 526 palabras máis