Retomamos o noso labor! Actividade con Aulas Abiertas.

O Colectivo en Transición Calidade do Ceo Nocturno leva un tempo parado, mais estamos de volta e volvemos cunha colaboración con Aulas Abiertas e Asociación Astronómica Rías Baixas.

Aínda que durante este tempo no que non tivemos actividade pública non estivemos totalmente parados, unha serie de circunstancias impediu que Calidae do Ceo funcionase como o facía dende 2011. Pasadas moitas desas circunstancias estamos en condicións de recuperar o noso labor pouco a pouco. Esperamos seguir contando coa confianza de todos os que nos seguides.

Aquí vos deixamos a próxima actividade en Vigo:

Exposición ata o 5 de abril e charla máis roteiro o 3 de abril no Centro de Visitantes do Parque das Illas Atlánticas no Casco Vello de Vigo

A exposición sobre contaminación luminosa dos colegas de Agrupación Astronómica Ío da Coruña que estivo semanas atrás no instituto Castelao de Vigo e na Escola Oficial de Idiomas da mesma cidade continua o percorrido pola cidade olívica e está agora e ata o día 5 de abril no Centro de Visitantes do Parque das Illas Atlánticas no Casco Vello, moi preto da Colexiata.

Como culminación da exposición organizamos xunto coa Asociación Astronómica Rías Baixas unha charla sobre contaminación luminosa e astronomía no mesmo centro de visitantes o martes 3 de abril ás 19.00h. Ao final da charla haberá un roteiro polo Casco Vello para poñer en práctica os aspectos críticos da iluminación artificial tratados durante a actividade.

Profundizando nas magnitudes

Varias veces falamos das magnitudes (Magnitude, Brillo do ceo nocturno), pero chegou o momento de afondar no seu significado e na súa interpretación. Este pequeno artigo é unha explicación que pretende ser curta e sinxela, se afondar en conceptos que poden ser complexos e evitando complicacións. Pero aínda así se tratan algúns temas que poden ser complicados porque non todos partimos da mesma base. Para calquerá dúbida, idea para mellorar a explicación ou outra necesidade podedes contactar con nós polos medios habituais.

Contexto histórico: Hiparco.

hipparchos_1A experiencia demostra que a simple vista o brillo aparente das estrelas non é o mesmo para todos. A primeira persoa en escalar numericamente esta diferenza foi o astrónomo grego Hiparco de Nicea no seculo II a.C., establecendo unha clasificación discreta do un 1 ao 6 en orde inverso ao brillo que el apreciaba co seu ollo. Polo tanto, ordenounas atendendo a súa magnitude visual aparente. Hiparco considerou que as estrelas dunha determinada magnitude brillaban aproximadamente a metade que as estrelas de magnitude inmediatamente inferior, catalogando como estrelas de magnitude 2 a aquelas que billaban unhas dúas veces e media menos que as que considerou de magnitude 1. É dicir, o grupo de astros de magnitude 1 eran os que el vía como máis brillantes e o grupo de magnitude 6 formábano os astros de menos brillo.

Evolución do concepto: Herschel e Fechner.

En 1830, John Herschel descubre que unha estrela de magnitude 1 é 100 veces máis brillante que outra de magnitude 6, o que se coñece como Criterio de Herschel, que pode
establecerse matematicamente como:

m = 1 -> I = 100
m’ = 6 -> I’ = 1

sendo I e I’ intensidades luminosas recibidas dun corpo celeste e m e m’ as súas magnitudes. A instensidade luminosa segue unha escala linear e un corpo cunha intensidade 100 brilla cen veces máis ca unha de intensidade 1.

En 1850 enúnciase a Lei de Fechner, unha lei psicofísica que ten como enunciado: cando os estímulos luminosos crecen en progresión xeométrica, a sensación óptica correspondente faino en progresión aritmética.

Sendo I e m a notación usada anteriormente e S a sensación luminosa, que segundo a clasificación de Hiparco aumenta cando a magnitude diminúe, a lei pode ser descrita coa seguinte táboa:

taboa
Lei de Fechner

Fórmula de Pogson.

Facendo unha serie de razoamentos matemáticos chégase ao seguinte enunciado e á fórmula de Pogson, moi importante para interpretar as medidas en magnitudes:

pogson
Fórmula de Pogson

Interpretación dun logaritmo.

Na fórmula de Pogson aparece un logaritmo, log. Olvidemos todas as demais letras e números que aparece na fórmula e pensemos simplemente que a magnitude que se mide ten un valor relacionado co logaritmo da intensidade luminosa do que se mide.  É un logaritmo en base 10, e o seu comportamente resúmese nas seguintes imaxes:

Interpretación das magnitudes.

Despois de todo o visto pódese dicir que as magnitudes teñen unha escala logarítmica e que, polo tanto, se unha medida ten o dobre de magnitudes que outra, a primeira NON brilla a metade que a segunda (recordade que a máis magnitude menos brillo), senón que brillará menos segundo a relación logarítmica correspondente.

Volvendo á Fórmula de Pogson e, novamente, tras unha serie de razoamentos, finalmente pódese escribir que a magnitude dun corpo celeste é, sendo I a intensidade luminosa:

m = C – 2,5log(I)       (**)

A letra representa unha constante que dependerá do instrumento co que se está a observar o obxecto de intensidade I.

Omitindo o valor de C, no que non é necesario pararse para que quede clara a interpretación das magnitudes, hai que ter en conta que o signo negativo que acompaña ao 2,5 provoca un cambio na gráfica do logaritmo, que queda como se mostra a continuación:

grafica_2_5log

Outra cousa a ter en conta é que a diferenza entre brillos de valor baixo implica máis diferenza de magnitudes que a diferenza entre brillos de valor alto. Por exemplo:

  • Se temos un ceo de magnitude 16 e outro de magnitude 17, resulta que a súa diferenza en intensidade será de máis dunha unidade. Segundo a fórmula (**) e supoñendo C=20:m = 16 => I = 4,95
    m = 17 => I = 3,3
  • Mentres que se temos un ceo de magnitude 20 e outro de 21, con C=20 tamén, a diferenza en intensidade, que recordemos que si é linear, non chega a 0,5 unidades:m = 20 => I = 1
    m = 21 => I = 0,67

Resumindo

  • A máis magnitudes o ceo é máis escuro.
  • Se un ceo teña o dobre de magnitudes que outro non quere dicir que brille a metade (xa que as magnitudes teñen escala logarítmica).
  • A medida que o ceo é máis escuro, a diferenza en magnitudes implica menos diferenza no brillo que vemos co ollo. Cando o ceo brilla moito e mídense poucas magnitudes (de 15 a 18 son poucas) entón pequenas diferenzas de magnitudes implican moita variación de brillo do ceo.

 

Apagando a luz, acendendo o ceo

Apagando a luz, acendendo o ceo. Así titula La Voz de Galicia un artigo publicado o día un de febreiro de 2015 no que se fala do Ano Internacional da Luz e da contaminación lumínica. Nel participan vellos coñecidos nosos: Borja Tosar (astrónomo e membro da Asociación Astronómica Ío) e Salvador Bará (doutor e profesor de Física da USC).

O artigo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/02/01/apagando-luces-encendiendo-cielo/0003_201502SX1P12998.htm#

prensaPor sorte cada vez hai máis artigos xornalísticos sobre contaminación lumínica. Isto permite que a mensaxe sobre este problema chegue á xente e outorga argumentos basados en opinións e estudos científicos para que todo o mundo poida tomar mellores decisións e pedir melloras na iluminación das súas contornas. Queremos mostrar a nosa satisfacción por isto e recoñecer aquí o labor que investigadores e membros de asociacións como a IDA, a REECL, Cel Fosc e da iniciativa Starlight realizan para que a contaminación lumínica teña cada vez máis presenza nos medios. Temos algunhas publicacións xornaísticas e científicas recollidas nesta páxina do noso blog: Artigos e publicacións de interese