¿Que esconde a noite? (@SEO_BirdLife)

A noite, cando a contaminación lumínica non o impide, mostra as estrelas. Pero tamén esconde seres vivos que fan toda a súa actividade mentres o Sol permanece “escondido”. O programa NOCTUA de SEO/BirdLife é unha oportunidade de desfrutar do son das aves nocturnas (e quizáis ver algunha). Un motivo máis para protexer a noite.

Na páxina da asociación ornitolóxica pódese ver o seguinte vídeo:

Vídeo: Las aves nocturnas vistas por un voluntario

Programa NOCTUA

NOCTUANesta entrada queremos presentar unha iniciativa que nos parece moi interesante da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO).

O programa NOCTUA ten como obxectivo coñecer os problemas das aves nocturnas. Este programa é, polo tanto, unha nova oportunidade para desfrutar da noite e do que esta ofrece.

Nós lanzamos dende aquí aos afecionados á ornitoloxía e a toda persoa que estea interesada en pasar unha noite entretida e diferente, a idea de aproveitar esta iniciativa para fixarse e recoller datos sobre as distancias ás que están os focos de luz máis próximos e a describilos, coa intención de saber se a propia luz influe nos cambios poblacionais das aves nocturnas.

Os membros de Calidade Do Ceo están valorando actualmente a opción de participar como grupo activo no programa, pero como di o dito… Quen moito abarca… Por iso animamos á xente a participar, a compartir datos e opinións ao respecto e a propoñernos actividades que inclúan a participación neste programa, pero nós de momento só nos comprometemos a incluír nas nosas actividades toda a información que podamos sobre o programa e a ir formándonos e adquirindo coñecemento ao mesmo tempo que facemos as actividades sobre ornitoloxía.