A Ría de Vigo. Parte 2ª: a Ponte de Rande.

A Ría de Vigo. Parte 1ª: as luces de Nadal

Recentemente a Ponte de Rande recibiu un premio en New York (El puente de Rande se corona en Nueva York) e desatouse a tolemia. A Xunta de Galicia contactou en tempo récord con Audasa, a concesionaria da autopista AP-9 que pasa pola ponte, e coa axencia Estatal de Seguridad Aérea (AESA) para poñer iluminación ornamental de xeito permanente na ponte.

As Rías Baixas son un enclave que hai que protexer, e que está protexido. O equibrio biolóxico que existe aquí permite o cultivo do mexillón e a presenza dun gran número de aves nas diferentes illas das rías, como recoñece o propio Ministerio para a Transición Ecolóxica. Para que esta protección sexa efectiva nas Rías Baixas temos os seguintes recoñecementos (se alguén detecta que falta algún que nolo faga saber):

Estas distincións supoñen que as illas das Rías Baixas  e un amplo territorio marítimo están considerados de interese para protexer todo o espazo natural: flora, fauna e ceo escuro. A luz artificial pode interferir nos distintos parámetros polos que se decidiu protexer e promocionar este territorio.

É doado caer na argumentación sinxela de que a Ponte de Rande non está dentro de ningún destes espazos, o cal é certo, mais a luz propágase a quilómetros da fonte de emisión se non se fai unha correcta instalación, tanto en potencia coma en dirección e cor.

Recentemente Audasa decidiu cambiar a iluminación da ponte a apostar por LEDs brancos e tamén alumou os novos carrís co mesmo tipo de luz. Como se pode ver na foto cedida polo compañeiro Richy, a luz non queda exclusivamente sobre a superficie da ponte, polo que a iluminación afecta a toda a contorna, isto é:

Rande _DSC0278retoque2__DSC0286retoque2-9 images
Fotografía cedida por Richyman (Instagram: @rixyman)
  • A iluminación afecta e afectará directamente á superficie marítima máis próxima á ponte,
  • a luz propágase a toda a ría, chegando ás zonas de protección e afectando ás aves, as cales son das máis perxudicadas pola contaminación luminosa, cegándoas e cambiando o seu comportamento normal,
  • podería afectar tamén aos polígonos de bateas máis próximos, xa que o mexillóns só se alimentan de noite na escuridade.
  • Ponse o perigo a preservación da noite e, por elo, o Destino Turístico Starlight.

Engadir máis luz á Ponte de Rande, ademáis da necesaria que estipula a lei por seguridade, é aumentar a presión  sobre os puntos comentados, que xa teñen bastante coa contaminación luminosa de Vigo sobre todo, mais tamén doutras vilas que se asentadas na contorna das Rías Baixas. Por todo isto a Xunta debe replantearse se o obxectivo neste século XXI e contaminar e malgastar cartos ou ben cumplir coa Axenda 2030 da UNESCO de Desenvolvemento Sostible e racionalizar o gasto e a iluminación e protexer os espazos naturais.

Influencia da luz na cría de polos

Queremos insistir en que a contaminación lumínica non afecta só á astronomía, tamén afecta aos seres vivos. Unha mostra de que a luz artificial afecta á saúde a aos habitos dos animais son as granxas de polos. Nelas utilízase a luz artificial para favorecer o engorde rápido das aves para comercializalas canto antes.

A influencia é tal que se estudan diferentes tipos de iluminación e as horas están limitadas pola lexislación europea, como se pode ler neste artigo: Programa alternativo de luz para pollos.

A aparición da tecnoloxía LED propiciou novos estudos: Impacto de la iluminación artificial sobre la producción de pollos.

Actualmente moitos animais salvaxes e libres viven permanentemente baixo iluminación artifical, sobre todo aves. Os efectos que se observan nas granxas son extrapolables a estos animais.

Tartarugas, aves, concienciación e máis…

Insistimos sempre que a contaminación lumínica afecta a máis cousas que a astronomía. Tamén insistimos que a astronomía é para nós unha ferramenta para descubrir e coñecer este problema.

Neste artigo recollense algúns dos problemas que a contaminación lumínica causa en seres vivos:

http://luminica.blogspot.com/2007/04/la-contaminacin-lumnica-est-provocando.html

E neste outro atopamos, ademais dos problemas aos seres vivos, exemplos de concienciación:

http://elpais.com/diario/2007/07/08/revistaverano/1183845618_850215.html