Contaminación lumínica nas Rías Baixas en fotos

Todas as fotos que aparecen neste artigo pertencen a Ricardo Lago e contamos co seu permiso para usalas.

As seguintes imaxes mostran a cantidade de luz que hai en Domaio e en Vigo e a que se ve na costa dende Ons.

As seguintes imaxes son star trails feitos dende diferentes lugares. Estas fotos consisten en sacar unha foto cun tempo de exposición longo para ver o percorrido das estrelas.

En primeiro lugar vemos dúas imaxes onde claramente as estrelas máis baixas pérdense na contaminación lumínica.

En segundo lugar vemos unhas fotos en lugares onde a contaminación lumínica é moito menor e vense moitas máis estrelas a alturas máis baixas.

Graciñas a Ricardo por estas fotos!

Illas Atlánticas, destino turístico Starlight

Como moitos saberedes xa pola prensa e por nós, o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas está a procurar a obtención do distintivo de Destino turístico Starlight. Membros do noso grupo participaron na medición do brillo do ceo nas illas de Cíes e Ons, un paso necesario para a obtención do distintivo.

Outro paso importante na obtención deste selo internacional de destino turístico é o apoio social e Calidade do Ceo Nocturno asinou hai uns días o seguinte comunicado de apoio: manifesto de apoio.

Son varias as asociacións que están a manifestarse a prol das Illas Atlánticas, algúns exemplos son a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Asociación Astronómica de Vigo.

Diferentes artigos sobre esta moi boa nova:

E por suponto a Xunta de Galicia participa activamente neste obxectivo: Medio Ambiente promove a certificación do Parque das Illas Atlánticas como destino turístico Starlight

Rías Baixas
Rías Baixas. Pódese ver a escuridade nas illas, mais queda moito por traballar na costa.

A vergoña política

Non hai outro calificativo que o de vergoña para estas palabras de Rita Barberá:

«non existe contaminación lumínica», como denunciaron repetidamente expertos e oposición. «En todo caso haberá aforro enerxético», apostillou.

Non sabemos se paga a pena disctuir moito estas declaracións, que se poden ler aquí, porque son moitas as veces que xa contamos aquí que os LEDs brancos son moi contaminantes, que no exterior non existe aforro coa tecnoloxía LED, que Valencia é unha das cidades máis contaminantes luminicamente do mundo. Quizáis a alcaldesa de Valencia non coñece aínda as diferentes fotografías feitas de noite dende a Estación Espacial Internacional (ISS polas súas siglas en inglés). Por non elexir unha soa foto da ISS deixamos un enlace cunha sinxela búsqueda en Google Imaxes e, debaixo, unha foto sacada dende o Oceanográfico de Valencia, onde se poden ver as nubes brillando e un foco alumando directamente ao ceo.

Pincha aquí para ver a búsqueda den Google.

Oceanográfico de Valencia
Oceanográfico de Valencia

¿Por que os políticos non fan caso dos expertos en luz e si das grandes empresas que venden lámpadas e viven dos contratos de iluminación municipal?

Si é certo e ninguén o pode negar, que a contaminación lumínica é un problema que vai moito máis alá de Valencia, pero xa que nesta cidade se está a facer un desembolso importante no cambio de luces, sería interesante que se fixera correctamente e que por ser un mal de moitos non se deixara de recoñecer o problema.

Actualización:

Resposta da Coordinadora en Defensa de los Bosques del Túria: http://coordinadorabosquesturia.blogspot.com.es/2014/09/la-contaminacion-luminica-no-se-deja.html

Noite do 29 de abril de 2013

Esta noite parece que non vai a estar despexada, así que non vos fiedes de que durante o día o Sol estea quentando.

Que se pode facer hoxe? Hoxe podedes comprobar que as luminarias das rúas, dos carteis publicitarios, dos monumentos e das frontes dos edificios están, polo xeral, moi mal instalados. A cousa é sinxela, fixádevos cantas luminarias están enfocadas cara arriba, cara o ceo. Nas fotos do noso Facebook tedes moites exemplos por se non tedes claro cando unha luminaria non está ben posta.

Ademais podedes fixarvos cantas luminarias están preto ou enfocadas directamente cara algunha fiestra. Isto chámase intrusismo e durante esta semana volveremos a abordar este problema. Inisistimos nisto porque nunha das primeiras actividades que fixemos, unha persoa dixo que ata que nós falamos deste problema non foi consciente de que, efectivamente, a luz da rúa entraba pola súa fiestra e que debido a ela tiña luz en casa que lle molestaba. Para esta persoa convivir coa luz de fóra na súa casa era xa algo normal e o costume provocou que non reparara nos trastornos que lle provocaba na vida cotiá: baixar as persianas antes de ir durmir (en principio baixamos as persianas para evitar a luz do Sol, non das luminarias), deslumbramentos encandeamentos… E o mais importante, nunca pensara que este problema é evitable. Así que fixádevos nos lugares onde pode existir este problema e nos vindeiros días volveremos sobre el.

Desfrutade da noite!