Medidas en Broullón, Moaña (22-27/11/2017)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

Broullón está en Moaña, Pontevedra, na estrada que une este municipio con Marín, xa do lado da Ría de Pontevedra. Queda ao carón do Corredor do Morrazo e aí estreamos o novo SQM que mercamos recentemente. Os resultados son bos. A pesar de haber lúa hai moitas medidas feitas sen a súa presenza. As primeiras noites, con nubes, o brillo do ceo é considerable (17-18 magnitudes), pero as últimas, despexadas, tomáronse medidas de máis de 19,5 magnitudes. Non son malos resultados para un lugar que se atopa fronte a Vigo e non moi lonxe do centro da vila de Moaña. Seguramente a altura á que se atopa este lugar axuda a obter unhas medidas que mostran un ceo pouco contaminado. Aínda que o aumento de brillo con nubes significa que a contorna si está moi contaminada, xa que o brillo de lugares moi contaminantes, como Vigo e probablemente Cangas e o propio centro de Moaña chega ata este lugar reflectido nelas.

Medidas do brillo do ceo no Observatorio Astronómico de Cotobade (16,17,18/05/2017)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

Dende o día 6 ata o 18 de maio a Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra instalou o noso SQM no Observatorio Astronómico de Cotobade (Pontevedra) que eles xestionan. Publicamos só as noites sen Lúa e máis estables en canto a meteoroloxía. Os resultados, como cabe esperar nun lugar adicado á observación astronómica, son bos. O reto está en manter este espazo e espallar a calidade do ceo máis alá do observatorio.

Education on Light Pollution (proxecto internacional sobre contaminación luminosa)

Liderados polo investigador portugués Raul Lima, do Politécnico de Porto, participamos xunto co investigador da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Astronómica Coruñesa Ío nun proxecto internacional con financiamento do proxecto europeo Stars4all. O proxecto ten como obxectivo principal a instalación de fotómetros SQM en centros de ensinanza secundario en Portugal e Galicia.

A medida que desenvolvamos o proxecto informaremos polos medios habituais. Máis información en https://www.ess.ipp.pt/noticias/projeto-education-on-light-pollution 

Contaminación luminosa e evolución

Grazas á Rede Española de Estudos sobre Contaminación Luminosa (REECL) coñecimos a recente publicación do artigo ‘Reduced flight-to-light behaviour of moth populations exposed to long-term urban light pollution‘ (As bolboretas nocturnas mudan o seu comportamento de voo cara a luz tras estar expostas á luz urbana por longo tempo).

bolboreta_nocturna_baixo_mino
Bolboreta nocturna do Baixo Miño. Fonte: Anabam

O investigador da REECL Joaquín Baixeras, biólogo do Instituto Cavanilles de biodiversidad y biología evolutiva da Universitat de València, tivo a ben de nos facer o seguinte comentario moi clarificador sobre o estudo citado:

Os resumo la idea a los no biólogos: las mariposas nocturnas vuelan y son atraídas por la luz, esto lo sabemos, pero nunca todos los individuos vuelan igual, como no todos comen igual o reaccionan igual. Como en cualquier población, puede haber individuos de una misma especie que sean más voladores que otros, lo que se relaciona con su capacidad mayor o menor para colonizar nuevos espacios y en definitiva una -siempre variable- capacidad de dispersión.

Los individuos más “sedentarios” seguramente contribuyen a mantener poblaciones locales, los más “intrépidos” permiten colonizar nuevos espacios, entre ambos extremos podemos imaginar toda gama de “grises”. Son estrategias complementarias, que se necesitan las unas a las otras; no es que sean ni buenas ni malas. La sospecha era si la luz urbana podía estar ejerciendo una selección –negativa en este caso- sobre los individuos más voladores, dado que se está atrayendo fundamentalmente a los individuos más activos –digamos más “intrépidos”- que ven castigada fatalmente su iniciativa en favor de individuos de hábitos más sedentarios. Este articulo presenta evidencia en favor de que efectivamente, incluso algunas especies de carácter bastante invasivo, como en las que se basa el estudio, pueden estar sufriendo fuertes desviaciones en su comportamiento. Si se favorece a los individuos más sedentarios al distraer a los más voladores se disminuye la circulación de genes entre poblaciones (flujo genético lo llamamos) porque favorecemos la genética de los individuos menos activos en el vuelo. A la larga, esto puede afectar –ya- a otros elementos del ecosistema. Por ejemplo, dado que los individuos más voladores también son los que más visitan flores y por lo tanto contribuyen a la polinización, las plantas dependientes de esta polinización también se verán afectadas.

Queda claro,unha vez máis, que a contaminación luminosa ten efectos perxudiciais nos ecosistemas.

 

Axuda a Cities at Night a seguir medrando. ¡IMPORTANTE! Pásao.

Xa falamos nalgunha ocasión de Alejandro Sánchez (pmisson) e do seu proxecto de ciencia cidadá Cities at Night, no que podedes participar. Hoxe cómpre botarlle unha man tamén economicamente para que poida continuar a súa investigación.

CatN_europa
Mosaico de Europa feito con imaxes de Cities at Night

Alejandro é xa un investigador recoñecido mundialmente e merece poder continuar co seu traballo. Xa comentamos o premio que lle deu a IDA e hai pouco a Unión Astronómica Internacional tamén se fixo eco do seu traballo, polo que non hai dúbida da súa valía.

Para que o estudo das casuas e consecuencias da contaminación lumínica non se deteña é preciso axudar economicamente, polo que existe unha campaña na Internet para este fin:

https://www.kickstarter.com/projects/1550160587/cities-at-night

Pódese axudar cunha cantidade tan pequena como de 2€, pero graíño a graíño o obxectivo estará máis preto.

A plataforma de recaudación cobra 10€ a maiores da doazón para gastos de envío dos regalos que se ofrecen pola axuda, polo que sería interesante que para achegas pequenas se xuntara un grupo de persoas para facer unha doazón común.

Se alguén está interesado en axudar e quere particiar con nós que nos avise e sumaremos a cantidade que nos diga á aportación nosa.

Calidade do Ceo Nocturno: divulgación de causas e consecuencias da contaminación lumínica en Galicia.

A continuación mostramos o resumo que enviamos ao comité científico do congreso ‘Contaminación lumínica: unha nova fronteira’ e que foi aceptado para participar cunha comunicación oral. Temos participado de maneira individual en diferentes congresos, tanto como público como con comunicacións en formato póster ou oral, pero sempre polo noso traballo de investigación. Por primeira vez imos participar polo noso traballo como divulgadores. Temos moitas ganas de que chegue o día da estrea.

English (orixinal)

Calidade do Ceo Nocturno é un grupo multidisciplinar galego de loita contra a contaminación lumínica formado por unha estudante de dereito, unha historiadora da arte e un matemático que nace no seo da Oficina de Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela no curso académico 2010-2011. Dende entón, o grupo realizou diferentes actividades na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e no instituto Ramón Otero Pedrayo de A Coruña. Ademais de realizar un labor divulgativo máis constante nas redes sociais e no blogue calidadedoceo.wordpress.com.

Desde que o colectivo Calidade do Ceo Nocturno botou a andar, sucédense as colaboracións con empresas privadas, universidades, investigadores e asociacións de diferentes campos, cos que se organizan actividades rigorosas cientificamente, pero aptas para tódolos públicos e sempre de balde.
mparques eólicos

O grupo Calidade do Ceo Nocturno céntrase en tres obxectivos: 1) que as conclusións e os datos científicos cheguen nunha linguaxe clara e concisa a tódolos niveis da sociedade para que sexa esta a que promova cambios concretos e efectivos, 2) que os profesionais e especialistas en contaminación lumínica, e as súas mensaxes, non se promulguen só en foros científicos, 3) crear lazos e unir esforzos con grupos locais de distintas disciplinas interesados na loita contra a contaminación lumínica.

Nesta comunicación queremos compartir nosa experiencia cos asistentes e mostrar nosa maneira colaborativa, multidisciplinar e participativa de divulgación.

Contaminación lumínica: unha nova fronteira (reunión científica / curso de verán da USC)

INFO: Galego — English — Español

En setembro de 2015, do día 2 ao 4, xogamos en casa. Un novo congreso sobre contaminación lumínica ao que asistiremos, pero desta volta na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ademais nesta ocasión unha persoa de Calidade do Ceo Nocturno será o secretario do congreso.

Este novo congreso sobre contaminación lumínica será aproveitado tamén pola Rede Española de Estudos de Contaminación Lumínica para facer a súa reunión anual e tamén é ofertado como un Curso de Verán da USC, polo que hai créditos para os estudantes.

Por outra banda, tamén se formou un comité científico internacional, polo que todos os estudantes de doutorados e investigadores poden enviar as súas comunicacións orais ou en formato póster para ser avaliados e expostos durante os 3 días de reunión.

Os días 2 e 3 o congreso terá lugar en Santiago, na Escola de Óptica e Optometría, o venres 4 un autobús levará aos asistentes a Vigo para rematar a reunión no  Centro de Visitantes do Parque Nacional MarítimoTerrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Para matricularse ir aquí: https://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/2015/curso_0031.html

Máis info nos seguintes dípticos en galego, español e inglés.

Díptico galego — English — Español

Sexas estudante ou investigador, non o dubides, MATRICÚLATE

Inauguración do AIL2015

Hoxe inaugurase o Ano Internacional da Luz (AIL ou IYL polas súas siglas en inglés) na sede da ONU en París. Será un ano moi intenso no que se mesturarán actividades de astronomía con exposicións de física, óptica, contaminación lumínica e promocións de diferentes tipo de luces.

Diferentes pósteres do AIL2015: http://www.magic-of-light.org/iyl2015/download.php#
Diferentes pósteres do AIL2015: http://www.magic-of-light.org/iyl2015/download.php#

Esperamos un ano complicado nalgúns temas, xa que é de esperar que nos metan LEDs para todo e como a solución universal. Pero, ao mesmo tempo, é un ano perfecto para a loita contra a contaminación lumínica porque esperamos que moita xente se anime a tocar este tema.

http://ail2015.laserphotonics.org/

http://www.luz2015.es/

http://www.light2015.org/Home.html

Efectos da luz sobre a saúde humana

Na revista Física y Salud, publicación divugativa do Colexio de Físicos, publicouse no 2008 unha interesante reportaxe sobre os efectos da luz na saúde humana que queremos compartir. Unha das participantes nesta reportaxe, Mª Ángeles Bonmatí, estivo a semana pasada na 1ª reunión científica da REECL.

Evolución do tipo de luz durante o día
Evolución do tipo de luz durante o día

Todo o que aquí se pode ler corresponde ao traballo realizado polo Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia. O artigo é divultago e para todos os públicos. Recomendamos a súa lectura para ver a contaminación lumínica dende outra perspectiva.

Reportaxe: El lado oscuro de la luz. Efectos de la contaminación lumínica.