Daniel Ríos é un nome con diferentes significados para Calidade do Ceo Nocturno. Ten moita culpa en este colectivo chegase ata hoxe, nomeámolo socio honorífico e tamén é socio numerario. Pero a cousa non queda aí: Daniel é un gran fotógrafo e tivo a amabilidade de compartir con todos nós parte do seu gran traballo.
As seguintes fotos mostran o efecto da contaminación luminosa dende lonxe. Vese claramente como a luz vai cara o ceo, impedindo ver o horizonte tan estrelado como está o resto do ceo.
Na seguinte imaxe vemos o complicado que é compaxinar a iluminación sustentable coa actividade do ser humano. Difícil pero non imposible. Pensade na dificultade de atracar barco nunhas condicións de iluminación excesiva.
A continuación unhas panorámicas con diferentes localizacións que emiten unha abafante contaminación luminosa. Luces que impiden que exista a escuridade a quilómetros de distancia, afectando así a todo o contorno deses lugares.
Por último dúas imaxes do ceo. Nas dúas vese como se multiplica o efecto da contaminación luminosa cando hai nubes xa que a luz reflicte nelas e só nunha a visión da Vía Láctea é clara. Recordade que recentemente saíu a nova de que un terzo dos seres humanos non pode ou nunca viu a Vía Láctea: http://www.europapress.es/ciencia/astronomia/noticia-polucion-luminica-oculta-via-lactea-tercio-humanidad-20160610190534.html