Defensores da escuridade do ceo

Tódolos anos a International Dark-Sky Association (IDA) entrega un premio pola defensa da escuridade do ceo (Dark Sky Defender awards). Este ano este premio foi outorgado a Alejandro Sánchez que, xunto con outros estudantes e investigadores da Universidad Complutense de Madrid (UCM), están levando a cabo diversos estudos sobre contaminación lumínica dos que falaremos en próximas publicacións. ¡Parabéns Alejandro!

Aquí tedes a publicación na páxina da IDA que felicita a Alejandro:

¡Felicitaciones, Alejandro Sánchez de Miguel!

Alejandro of the Universidad Complutense de Madrid was awarded the IDA Dark Sky Defender award at this week’s Artificial Light at Night  2014 conference in Leicester, UK. He is the driving force behind the innovative “Cities at Night” light pollution citizen science project.

(Tradución: Alejandro, da Universidad Complutense de Madrid, foi premiado co premio da IDA de defensor da escuridade do ceo esta semana na conferencia ‘Luz artificial de noite 2014’ en Leicester, Reino Unido. El é quen coordina o proxecto de ciencia ciudadana de contaminación lumínica “Cities at Night“).

Aínda que está sen actualizar, no seguinte enlace podedes ver outros gañadores do premio: http://www.darksky.org/night-sky-conservation/annual-awards. Resaltar que polo que nos comentan o ano pasado o premio tamén acabou en España, nesa ocasión foi para Observatorio Astronómico de Guirguillano. Lamentablemente non atopamos información na rede ao respecto.

Faros que non xiran e contaminación lumíninca nos portos

Cada día son maiores as consecuencias negativas da contaminación lumínica sobre a seguridade portuaria. Ademais, a propia contaminación lumínica emitida polos portos é cada vez máis importante sobre os entornos nos que se ubican, incluso cando estos son urbanos.

Debido á contaminación lumínica e para evitar cegamentos estase a probar un novo faro en España. Non sabemos se o tema LED e a cor que elixan será o mellor, pero neste caso, por non saber de faros non imos opinar neste apartado. Pincha aquí para ler a nova.

Dende hai uns anos hai unhas luces brancas que aumentaron considerablemente a contaminación lumíninca
Porto de Vigo. Dende hai uns anos hai unhas luces brancas que aumentaron considerablemente a contaminación lumíninca

A solución do faro que non xira por si soa non acabará co problema. Os cegamentos en portos urbanos poden ser causados pola luz da cidade cando esta non é correcta, e pola do propio porto.

Un problema engadido nos portos é que estos poden estar ubicados en zonas protexidas. Seguindo co de Vigo, este está ubicado nunha zona de protección de aves e tamén preto do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se quere declarar destino Starlight (ler aquí e aquí).

Por todo o comentado os portos deberían empezar a ser parte activa na loita contra a contaminación lumínica.

O ciclo reprodutivo dos lémures

Un novo estudo conclúe que a contaminación lumínica provoca cambios no comportamento dos seres vivos: http://www.europapress.es/ciencia/habitat-y-clima/noticia-contaminacion-luminica-anula-ciclos-reproductivos-naturales-20140703101654.html

Os científicos que levaron a cabo esta investigación argumentan: “Plantexamos que a exposición crónica á contaminación lumínica podería afectar á función reprodutiva humana. O traballo nocturno e a luz artificial asócianse con irregularidades menstruais, disminución da fertilidade, abortos espontáneos e nacimentos prematuros. Pero isto é só unha hipótese e son necesarios estudos rigorosos”

En canto ao estudo cos lémures os resultados establecen que despois de só dúas semanas, o grupo sometido á contaminación lumínica tiña testículos considerablemente máis grandes e niveis máis altos de testosterona que o grupo control, que estaba sometido a unha luz de intensidade igual á da Lúa Chea.

Tamén a luz artificial propiciou que os lémures, animais nocturnos, acurtaran a súa actividade durante o periodo non diúrno.

Acércase o día máis longo do ano…

… pero en poucos lugares dito acontecemento provoca un cambio no horario da iluminación. E é que en pleno século XXI aínda non se adaptaron os temporizadores de iluminación ao percorrido real do Sol, que cada día sae e escóndese a hora diferentes. Sobra dicir que a hora exacta do inicio da noite astronómica, é dicir, o comezo da escuridade pola ausenza do Sol e non o momento no que nós consideramos que xa é noite, é de sobra coñecida.

Como exemplo esta foto dende a Praza de Portugal de Vigo, o día 10 de xuño de 2014 uns minutos máis tarde das 22:00 horas. Pode verse a fronte dun hotel xa alumada (e ademais cara arriba) e un poste de luz do porto acendido e outro apagado, coa Ría de Vigo de fondo. Nótase na fotografía que aínda hai moita luz, pois apenas acaba de producirse o ocaso (ver este enlace de Meteogalicia).

luz_anoitecendo

Seguro que durante todo o verán todos poderemos ver mil exemplos coma este, así que para a sección Que se pode facer hoxe? propoñemos buscar imaxes coma esta para compartir con todos. Podedes envialas por Facebook, comentar nesta entrada ou remitilas o noso correo, calidadedoceo@gmail.com

I Xornadas de Astroturismo en Andalucía. 2014

Entre o 28 e o 30 de abril do presente ano, tiveron lugar no Parque das Ciencias de Granada, as I Xornadas de Astroturismo de Andalucía. Este evento naceu do compromiso de diferentes organizacións (Junta de Andalucía, Observatorio Astronómico Hispano-Alemán de Calar Alto e Fundación Desqubre) coa protección do ceo nocturno e a aposta firme polo desenvolvemento dun novo tipo de turismo sostible e comprometido co medio ambiente.

IMG_20140428_230953
Juan Pinilla (Charla-concerto sobre a influencia da astronomía no flamenco)

Unha pequena representación de nós asistiu ás xornadas para coñecer os avances que se están dando fóra de Galicia na loita contra a poblemática da Contaminación Lumínica e o desenvolvemento de actividades que poñen en valor a observación do ceo nocturno. Así, e logo de tres días intensivos de poñencias e mesas moderadas, coma impresión xeral do evento, temos que dicir que a organización foi impecable, os temas tratados moi axustados ao obxectivo e as intervencións dos poñentes dunha calidade moi alta.

Se tiveramos que destacar algunha poñencia, sen dúbida mencionaríamos a Alfons G. Dolsa, entomólogo e profesor do Museu de les Papallones (Sort, Cataluña); quen nos fixo reflexionar sobre o impacto da C.L nos ecosistemas a partir de frases coma: “Las estrellas están todas y con la misma magnitud. Pero la diversidad perdida ya no se recupera” ou “También  hay multitud de organismos que están adaptados a la oscuridad, que vamos perdiendo a cada luz que añadimos“.

No que se refire ao ámbito do turismo gustaríanos recoller neste artigo as presentacións da experiencia en Sierra Morena e do Plan de Turismo Astronómico de Alqueva en Alentejo. No primeiro caso, o xerente do Plan Turístico falou da certificación dos seus ceos e da integración deste recurso natural recuperado, na oferta turística sustentable do destino; así, posúen a doble certificación de reserva e destino Starlight. O que máis valoramos desta iniciativa, sen dúbida é o gran traballo de coordinación e cooperación que se levou a cabo entre administración pública autonómica, provincial e local, empresas privadas e asociacións astronómicas para conseguir construir un destino turístico sustentable e de calidade, no que se poden desfrutar de ceos realmente estrelados. Dende logo, todo un exemplo a seguir.DSC_0764 (1)

No caso do Plan de Turismo Astronómico de Alqueva no Alentejo, Apolónia Rodrígues presentounos o que é a primeira reserva Satrlight en Portugal e o Plan para a posta en valor dos ceos, “Dark Sky Alqueva”. Novamente nos atopamos ante unha importante labor de coordinación e colaboración entre diferentes entidades; máis o que ante nos gustaría valorar, é a integración do recurso do ceo escuro, nunha oferta ecoturística moi completa da que participan dende aloxamentos rurais, restaurantes, productores locais, asociacións e empresas oferta complementaria e que foi preparada para asumir o novo recurso mediante unha campaña de formación para atender ao novo tipo de visitante que viaxaría ao destino.

En definitiva e xa para rematar o artigo sobre estas xornadas, concluímos destacando a importancia da conservación dos nosos ceos, xa que é unha estratexia moi intelixente no que a xestión dun territorio se refire; tanto pola eficiencia enerxética, pola competitividade e sustentabilidade dos destinos turísticos ,pola saúde dos seus habitantes e coma pola conservación da súa natureza.

¿Adeus aos vagalumes?

A este ritmo si, e para sempre.

A contaminación luminosa está afectando á reproducción destes insectos que se axudan da luz para que o macho atope á femia. Buscando por internet “vagalumes e contaminación lumínica” ou, en español, “luciérnagas y contaminación lumínica” pódense atopar difernetes novas ao respecto. Aquí recollemos algunhas cousas que nos pareceron interesantes:

Na biblioteca de Cel Fosc atopamos este documento: http://www.celfosc.org/biblio/general/gt20vconama.pdf, onde se di que a contaminación lumínica “afecta al ritmo reproductivo de los insectos que, en muchas ocasiones, son incapaces de atravesar las barreras de luz que forman las instalaciones de alumbrado artifial. En otras ocasiones, como en el caso de las luciérnagas, que han desarrollado un modo de comunicación basado en la emisión de señales luminosas de muy baja intensidad, el velo de luz dificulta la comunicación y, por tanto, la reproducción”.

Fonte: http://www.redeamigoespirita.com.br/profiles/blogs/o-vagalume-e-a-serpente
Fonte: http://www.redeamigoespirita.com.br/profiles/blogs/o-vagalume-e-a-serpente

No diario El País tamén recollen este problema nun artigo de Manuel Rivas que se pode ler aquí: A desaparición dos vagalumes. Nel di “nos valados dos camiños de Castro de Elviña había moitos vagalumes e poñelos na man”. Castro de Elviña está na Coruña e Víctor, membro de Calidade do Ceo, vivíu alí dous anos (2012 e 2013) e di que abofé que nunca viu un.

E para rematar dúas testemuñas da desapariciós destes bichiños: no blog Noroeste Ibérico, xa en 2009, escribía o seu autor sobre os vagalumes: http://noroesteiberico.blogspot.com.es/2009/07/vagalumes.html e en Ciencia + Tecnoloxía foi en 2010 cando se fixeron eco deste problema: http://teresaml.blogaliza.org/2010/08/01/os-vagalumes-e-a-contaminacion-luminica/

En agosto de 2016 fálase deste tema en La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/video/galicia/2016/08/25/piensalo-ves-luciernaga/0031_2016085098304652001.htm

¿Estamos a tempo de recuperar os vagalumes? Seguro que si.

LEDs: unha loita duradeira

Hoxe traemos un artigo da revista AstronomíA publicado no ano 2011 onde diferentes expertos en materia de contaminación lumínica falan da iluminación LED. Dende entón parece que ningún aviso sobre eles é escoitado na administración, mentres que a contaminación lumínica segue medrando e, curiosamente, se seguen cambiando as luces cálidas por iluminación LED branca-azulada.

Todo este artigo merece ser lido. Ten algunhas referencias técnicas, pero pode ser entendido por calquera. A pesar do paso dos anos, segue sendo un tema de actualidade.

LA ILUMINACIÓN CON LED Y EL PROBLEMA DE LA CONTAMINACIÓN LUMÍNICA

Influencia da luz na cría de polos

Queremos insistir en que a contaminación lumínica non afecta só á astronomía, tamén afecta aos seres vivos. Unha mostra de que a luz artificial afecta á saúde a aos habitos dos animais son as granxas de polos. Nelas utilízase a luz artificial para favorecer o engorde rápido das aves para comercializalas canto antes.

A influencia é tal que se estudan diferentes tipos de iluminación e as horas están limitadas pola lexislación europea, como se pode ler neste artigo: Programa alternativo de luz para pollos.

A aparición da tecnoloxía LED propiciou novos estudos: Impacto de la iluminación artificial sobre la producción de pollos.

Actualmente moitos animais salvaxes e libres viven permanentemente baixo iluminación artifical, sobre todo aves. Os efectos que se observan nas granxas son extrapolables a estos animais.