Noites da última semana de febreiro de 2014

Recuperamos esta sección olvidada de que se pode facer hoxe para propoñervos algo a pesar do mal tempo que estamos sufrido.

Estes últimos días de febreiro podedes fixarvos en como as nubes, a néboa e a humidade inflúen no aumento da contaminación lumínica. Sobre todo se tedes ocasión de ver un núcleo urbano dende unha distancia considerable, poderedes observar como a cobertura avermellada que se xera por mor da luz artificial é maior canto máis nublado estea o ceo.

A pesar do mal tempo desfrutade da noite, que tamén ofrece imaxes bonitas como a Lúa entre a néboa ou as nubes.

Contaminación lumínica en @TEDxBorn por parte de @luminicaambient e en @ACTIVATUNEURONA por parte de @celfosc

Que é a contaminación lumínica, como afecta ao noso entorno e a nós mesmos, como se produce e como se evita. Estos temas e outros relacionados coa contaminación lumínica abordáronse nunha conferencia de TEDxPasseigDesBorn, a cargo de Susana Malón, creadora de Lumínica Ambiental, e no programa de radio de Activa tu neurona, neste caso con Fernando Jáuregui, presidente de Cel Fosc, como protagonista.

Sen dúbida dúas intervencións de calidade de dous expertos no tema que paga a pena escoitar. En pouco tempo os dous din moito sobre esta problemática que ten solución.

Para escoitar a Susana Malón pinchade aquí.

E para escoitar a Fernando Jáuregui, aquí.

Noite do 2 de maio de 2013

Que se pode facer hoxe? O luns desta semana propuxemos que vos fixárades nas luminarias mal instaladas que aluman cara o ceo e tamén cara as fiestras das casas. Hoxe propoñemos que cando se faga de noite subades as persianas das vosas casas e apaguedes todas as luces das habitación (tamén televisión, monitor do ordenador…) e que comprobedes se entra luz de fóra. Sería moi interesante que sacárades unha foto dunha habitación neste contexto e que comparemos unhas cantes. Na foto podedes incluir un comentario ou outra foto sobre a fonte emisora da luz, que non sempre son luminarias das rúas.

Desfrutade da noite!

Noite do 22 de abril de 2013

Hoxe o ocaso comeza en Galicia a partir das 21:15. Os primeiros lugares onde comezará será no interior de Galicia, producíndose nas cidades de Lugo e Ourense ás 21:20. Sobre as 21:26 terán lugar os últimos ocasos nas localidades costeiras máis situadas ao oeste. Polo tanto a partir destas horas empezará a anoitecer e escurecer. Xa entonces poderase ver a Lúa, xa case chea, e Xúpiter, este último xa nos seus últimos días visible no Hemisferio Norte de noite.

Que se pode facer hoxe?  Hoxe imos propoñervos que vos fixedes cantas luminarias, sexan do alumeado público, de escaparates, fachadas, carteis publicitarios, ou o que sexa, están acesas antes sequera de que empece a esconderse o Sol. Xa fai bastante que cambiamos os nosos reloxos de hora. Cambiáronse tamén os temporizadores que regulan as luminarias? Comprobádeo. Se queredes, compartide con nós algunha foto ou comentario dos lugares onde se fan mal as cousas e, tamén, onde se fan ben e esperouse a que comezase a anoitecer para acender as luces.

Desfrutade da noite!