Mizar e Alcor

mizar_e_alcor

Xuntas e inseparables. Un dúo moi peculiar que a priori non ten nada de espectacular. Así como outras estrelas teñen unha cor característica, un tamaño considerable o un fulgor rechamante, Mizar e Alcor, aínda que xuntas, diferentes, son dúas estrelas, digamos, “do montón”. Entón, ¿por que lle facemos un oco no Paseo da Fama? Moi simple, porque a priori parece que non aportan nada, pero non é certo.

Mizar e Alcor son dúas estrelas diferentes e lonxanas entre si, pero que dende a Terra aparecen moi xuntiñas no ceo nocturno. Entre elas non hai ningún tipo de atracción física, por iso son calsificadas como un sistema dobre óptico.

Estas dúas estrelas están na constelación da Osa Maior. Esta constelación está no pequeno grupo de constelacións circumpolares do Hemisferio Norte, que son constelacións que están visibles durante todo o ano. Polo tanto Mizar e Alcor tamén se poden ver sempre no Hemisferio Norte e nunca no Hemisferio Sur. A locaclización de Osa Maior e de Mizar e Alcor nela non é moi difícil. A imaxe que se motra a continuación debería ser suficiente para non perderse.

Fonte
Fonte

Segundo a agudeza visual de cada persoa pódense ver estas dúas estrelas no ceo separadas. Isto é algo peculiar, xa que xeralmente as estrelas dobres ou binarias non se poden ver separadas a simple vista dende a Terra. Esta diferenza con outras estrelas e o feito de que son visibles todo o ano, convértennas nun atractivo do ceo nocturno, pero non só para desfrutar delas en calquera noite despexada, senón tamén para que un grupo de persoas poidan comprobar as diferenzas de aguza visual existentes entre elas. Medir a aguza visual deste xeito era o que facían nalgunhas civilizacións antigas para elexir aos arqueiros, por exemplo. Por este motivo pódese atopar nunha páxina de profesionais da óptica e optometría unha entrada adicada a Mizar e Alcor. Aquí está a páxina.

Como xa comentamos no caso das Pléiades, para desfrutar da astronomía non sempre é necesario un telescopio, moitas veces con levantar a mirada é suficiente e uns prismáticos poden mostrar moitas cousas interesantes e bonitas. Mizar e Alcor son un espectáculo do que se pode desfrutar a simple vista, como vimos comentando, e tamén cuns prismáticos, xa que están o suficientemente xuntas como para entrar no campo de visión e suficientemente separadas como para distinguilas.

Para máis información, tanto astronómica coma histórica, podedes consultar estas dúas páxinas:

Polo tanto o sistema formado por Mizar e Alcor é un novo espectáculo celeste que hai que coidar. Se a contaminación lumínica persiste ou aumenta pódense perder un par de estrelas con moita historia.

Sirio

Empezamos o noso particular Paseo da Fama con Betelgeuse, en Orión, e logo, dende o cinturón da constelación do cazador, presentamos ás Pléiades. Hoxe imos cara o outro lado do cinturón para coñecer a Sirio, unha estrela cargada de historias e de moito interese.

sirio_paseo_fama

Sirio está na constelación de Canis Maior, un dos cans de caza de Orión. No medio das campañas IACO e GaN estaría ben que mirásedes para o ceo para participar nelas e para intentar localizar a Sirio. Sen dúbida non teredes moitos problemas, xa que é a estrela máis brillante que se ve nas noites invernais do Hemisferio Norte (sabedes cal é a estrela máis brillante, moito máis que Sirio?). Localizando o cinturón de Orión e trazando unha liña recta dende aí chégase a Sirio. Algún recordará que estas eran as indicacións para atopar as Pléiades, pois Sirio está xusto no sentido contrario.

Fonte
Pinchar aquí para ver fonte

Insistimos en que hai moito que contar de Sirio, unha simple ollada á Wikipedia dá unha idea da importancia dela. Por comentar algunha cousa aquí, diremos que foi unha estrela moi importante para os exipcios, xa que no Antigo Exipto axudou a facer o calendario desa civilización, e a súa posición no ceo marcaba o inicio do ano do seu calendario.

Unha busca rápida por internet levaravos dunha historia a outra nun bucle sen fin. Ao que se conta nos enlaces xa postos engadimos un último, este. Moitas historias e de moitos tipos. Desfrutádeas.

Betelgeuse

betelgeuseEstreamos o noso Paseo da Fama particular aproveitando que estamos en plena campaña Globe at Night (GaN). Para participar en GaN hai que observar a constelación de Orión e é nesa constelación onde está Betelgeuse.

Betelgeuse é unha xigante vermella, de cor vermella-alaranxada, que se sitúa nun dos ombreiros de Orión, o cazador. É unha estrela moi brillante moi doada de localizar, xa que Orión é unha constelación moi grande e distinguible que se pode ver durante todo o inverno en España.

Como todo bo cazador Orión ten cans, e o Can Menor, un dos seus cans e unha constelación cercana, pódese atopar facilmente grazas a Betegeuse. Simplemente hai que trazar unha liña entre os ombreiros de Orión, seguir a liña máis alá de Betelgeuse e a seguinte estrella brillante, Procyon, é unha das dúas que forman o Can Menor.

Betelgeuse na constelación de Orión. Fonte: http://www.yalescientific.org/2011/05/betelgeuse-ticking-time-bomb/
Betelgeuse na constelación de Orión. Fonte: http://www.yalescientific.org/2011/05/betelgeuse-ticking-time-bomb/

 

Vincent van Gogh

Por Lucía Giráldez

O grande da observación do ceo nocturno é que tanto labradores, campesinos, gandeiros coma filósofos, escritores ou pintores a practicaron cunha mesma finalidade: a búsqueda de respostas. Vincent Van Gogh a finais da década dos oitenta do 1800, comezou a pintar obras nas que a escuridade da noite era a protagonista. Para el, a noite tiña unha ampla dimensión espiritual (moi preto da experiencia relixiosa). Era así, un momento de introspección, meditación e repouso. Máis advertía de que era tamén un espacio no que se podían desatar forzas malignas, ou esa era a sensación ou emoción que lle transmitía a escuridade na terraza do café que retratou en 1988.

A observación do ceo nocturno era para el tamén un exercicio que lle transmitía paz pero tamén soidade, así, nunha carta escrita ao seu irmán o 2 de xuño de 1989 declaraba: “ Esta mañá vin o campo dende a miña fiestra durante un longo tempo, antes da saída do sol; non había máis que a estrela matutina, que semellaba moi grande. Dauvigny e Rousseau fixeron isto tamén, expresando todo o que isto ten de intimidade, todo o que ten de paz e maxestade, pero ao mesmo tempo engadindo un sentimento de soidade e infelicidade”. Esta declaración desvélanos non so as emocións e sentimentos que Van Gogh experimentaba coa contemplación do firmamento estrelado; senón que fálanos de que non era o único que o facía e que experimentaba tales sensacións.