¿Bonitas? paisaxes nocturnas

Daniel Ríos é un nome con diferentes significados para Calidade do Ceo Nocturno. Ten moita culpa en este colectivo chegase ata hoxe, nomeámolo socio honorífico e tamén é socio numerario. Pero a cousa non queda aí: Daniel é un gran fotógrafo e tivo a amabilidade de compartir con todos nós parte do seu gran traballo.

As seguintes fotos mostran o efecto da contaminación luminosa dende lonxe. Vese claramente como a luz vai cara o ceo, impedindo ver o horizonte tan estrelado como está o resto do ceo.

Na seguinte imaxe vemos o complicado que é compaxinar a iluminación sustentable coa actividade do ser humano. Difícil pero non imposible. Pensade na dificultade de atracar barco nunhas condicións de iluminación excesiva.

faro de mera cielo cc nombre.jpg

A continuación unhas panorámicas con diferentes localizacións que emiten unha abafante contaminación luminosa. Luces que impiden que exista a escuridade a quilómetros de distancia, afectando así a todo o contorno deses lugares.

Por último dúas imaxes do ceo. Nas dúas vese como se multiplica o efecto da contaminación luminosa cando hai nubes xa que a luz reflicte nelas e só nunha a visión da Vía Láctea é clara. Recordade que recentemente saíu a nova de que un terzo dos seres humanos non pode ou nunca viu a Vía Láctea: http://www.europapress.es/ciencia/astronomia/noticia-polucion-luminica-oculta-via-lactea-tercio-humanidad-20160610190534.html

Contaminación lumínica nas Rías Baixas en fotos

Todas as fotos que aparecen neste artigo pertencen a Ricardo Lago e contamos co seu permiso para usalas.

As seguintes imaxes mostran a cantidade de luz que hai en Domaio e en Vigo e a que se ve na costa dende Ons.

As seguintes imaxes son star trails feitos dende diferentes lugares. Estas fotos consisten en sacar unha foto cun tempo de exposición longo para ver o percorrido das estrelas.

En primeiro lugar vemos dúas imaxes onde claramente as estrelas máis baixas pérdense na contaminación lumínica.

En segundo lugar vemos unhas fotos en lugares onde a contaminación lumínica é moito menor e vense moitas máis estrelas a alturas máis baixas.

Graciñas a Ricardo por estas fotos!

Citiesatnight

Europa e Norte de África de noite.
Europa,  Norte de África e Oriente Próximo de noite.

Citiesatnight é un proxecto da Universidade Complutense de Madrid (UCM) liderado por Alejandro Sánchez, quen recibiu o premio de Defesor da Escuridade do Ceo da IDA, que precisa da colaboración cidadápara clasificar imaxes feitas dende a Estación Espacial Internacional (ISS polas súas siglas en inglés).

Hai diferentes maneiras de colaborar neste proxecto científico de estudo da contaminación lumínica: localizando cidades ou xeorreferenciando puntos concretos das mesmas. Cunha aplicación que é capaz de ler a fotografía e traballar con Google Maps para concretar o lugar exacto onde está un punto da imaxe, o equipo da UCM consegue facer unha galería de imaxes perfectamente ubicadas na Terra.

A verdade é que na páxina do proxecto hai moita información e está todo moi detallado, así que pouco máis podemos dicir que animarvos a participar. Simplemente dicir na mesma páxina principal, ao final, hai uns mapas de Google Maps dende os cales é máis doado participar. Iso si, se accededes aos enlaces de localizar cidades e xeorreferenciar tedes máis información e titorais sobre as dúas iniciativas (en español e inglés).

A páxina principal está dispoñible en galego. Nós participamos na súa tradución:

http://www.citiesatnight.org/index_GL.html

Mención NASA a este proxecto: http://earthobservatory.nasa.gov/IOTD/view.php?id=84257&src=eoa-iotd

Luz que cega e luz que ilumina

É moi importante distinguir entre a luz que cega e a luz que ilumina. Normalmente a xente pensa que toda luz favorece a visión, cousa que é totalmente falsa: hai moitas luces que nos deixan a escuras.

Hoxe en día existen numerosos exemplos de luces que non fan a súa función (nin sequera a estética), pero pouca xente repara nelas e fai crítica. A continuación presentamos unhas cantas fotografías de luces que non deberían existir, pois non aportan nada á nosa vida. Son case todas exemplos de luces que están postas horizontalmente e que aluman directamente aos ollos, co cal impiden unha visión correcta do que nos rodea e outras son verticais que provocan encandeamento.

Contaminación lumínica dende as alturas

As seguintes fotos foron feitas por Natalio Maícas na provincia de Teruel (Aragón), concretamente ao sur, na serra de Javalambre, situada na comarca Gúdar-Javalambre. Nelas apréciase como a contaminación lumínica oculta o ceo estrelado nas vilas que a padecen, así como nin sequera a luz da Lúa é quen de superala e como Valencia é visible perfectamente dende este lugar. Nalgunhas tamén se observan os flashes dos molinos de enerxía eólica con luces brancas e, ademais, tamén son visibles os fulgores de Teruel, Castellón, Barcelona e Madrid.

Antes das fotos mostramos o lugar exacto dende o cal se sacaron as fotografías.

Fotografías:

Fotografía e contaminación lumínica

Os fotógrafos teñen en xeral unha sensibilidade especial e, neste caso, temos dous exemplos de sensibilidade co ceo escuro.

Por un lado temos Thierry Cohen, que nos mostra 17 montaxes fotográficos de diferentes lugares para que vexamos como serían en ausencia de contaminación lumínica: http://thierrycohen.com/pages/work/starlights.html

E por outra banda, Christina Seely publica na súa páxina fotos que mostran a presenza da contaminación lumínica en diferentes sitios: http://www.christinaseely.com/luxdiagram.htm