Roteiro Monte da Condesa

O mércores 21 de marzo de 2012 volve o noso roteiro ao Campus Sur (Campus Vida) da USC. Esta vez coa colaboración de Carolina Guitián Mariño, bolseira SPIU da Facultade de Farmacia e bolseira de Internacionalización da RUMC (Residencia Universitaria Monte da Condesa). Tamén contamos coa colaboración do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, que nos deixa o material para actividade.

Os participantes nesta actividade terán a oportunidade de escoitar e comprobar in situ as causas e consecuencias da contamianción lumínica, ademáis de observar, se as condicións climatolóxicas acompañan, as estrelas.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto IACO 2012 que Calidade do Ceo Nocturno coordina nas provincias de A Coruña e Pontevedra.

O roteiro pode consultarse no seguinte mapa de Google Maps:

ESTADES TODOS CONVIDADOS!

 

O pasado 21 de marzo de 2012, tivo lugar o II Roteiro Nocturno, Apaga unha luz, acende unha estrela. Foi unha xornada de tres horiñas moi agradables que compartimos dez persoas nun ambiente moi distendido. A actividade desenvolveuse en tres momentos. A primeira hora adicámola a traballar nunha aula sobre temas coma a astronomía, a contaminación luminica e os seus impactos e o Proxecto IACO. Neste tempo vimos videos e incluso fixemos un par de dinámicas  para fixar mellor os conceptos que tratamos. A segunda hora adicámola ao roteiro en si, que consistiu nunha pequena aindaina nos darredores da R. U Monte da Condesa na que observamos o ceo nocturno e aprendemos a medir a Contaminación Lumínica no marco do Proxecto IACO. Finalmente clausuramos a actividade cunha posta en común amenizada cun café quentiño, pastas e sobaos (a verdade é que sentou moi ben despois do frío da noite santiaguesa…).

Dende aquí queremos dar mil grazas a Carolina Guitián Mariño por facilitarnos as cousas e darnos a oportunidade de repetir o Roteiro.

 

Proxecto IACO no IES Ramón Otero Pedrayo

O 2 de marzo de 2012 presentamos o proxecto IACO no IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña.

A actividade nocturna deste venres foi unha actividade completa pola que os responsables dela, mestres do insituto, merecen un gran recoñecemento. Os rapaces e rapazas de 1º e 4º da ESO puideron desfrutar dunha noite con chocolate e telescopios, ademáis de dúas charliñas de 15 minutos.

A noite estivo nublada (xa é mala pata pois leva o ceo despexado unha boa tempada) e non se pudo desfrutar da actividade ao 100%, pero o certo é que con estes rapaces sempre acaba saíndo algo bo porque participan e desfrutan do que hai.

Nesta festa á que nos invitaron estaban os nosos amigos da Asociación Astronómica Ío e foi Borja, membro dela, o encargado de empezar a actividade falando do planeta Marte. Despois nós explicamos brevemente o concepto, as causas e as consecuencias da contaminación lumínica e terminamos presentando o proxecto IACO no que esperemos participen.

Recordamos para todo o mundo que lea esto e en especial para os alumnos e alumnas deste instituto que ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN PARA FACER AS MEDICIÓNS DE CONTAMINACIÓN LUMÍNICA E EXPLICARVOS NA RÚA O QUE COMENTAMOS NAS CHARLAS E NOS NOSOS MEDIOS DE DIVULGACIÓN.

IACO 2012 – IES Ramón Otero Pedrayo

Voltamos ao IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña!!

Xa tiñamos ganas de atoparnos outra vez cos rapaces e rapazas deste instituto da Coruña do que gardamos moi bo recordo e de quen temos un especial cariño pola confianza depositada en nós o ano pasado.

Desta volta imos a unha actividade que xa tiñan organizada eles e na que nos engadiron cando lles comentamos que queriamos presentar o proxecto IACO no seu instituto.

Esperemos que lles guste a nosa proposta, que lles interese o prexecto e que o pasen, polo menos, a metade de ben que o pasamos nós na anterior visita.