Citiesatnight

Europa e Norte de África de noite.
Europa,  Norte de África e Oriente Próximo de noite.

Citiesatnight é un proxecto da Universidade Complutense de Madrid (UCM) liderado por Alejandro Sánchez, quen recibiu o premio de Defesor da Escuridade do Ceo da IDA, que precisa da colaboración cidadápara clasificar imaxes feitas dende a Estación Espacial Internacional (ISS polas súas siglas en inglés).

Hai diferentes maneiras de colaborar neste proxecto científico de estudo da contaminación lumínica: localizando cidades ou xeorreferenciando puntos concretos das mesmas. Cunha aplicación que é capaz de ler a fotografía e traballar con Google Maps para concretar o lugar exacto onde está un punto da imaxe, o equipo da UCM consegue facer unha galería de imaxes perfectamente ubicadas na Terra.

A verdade é que na páxina do proxecto hai moita información e está todo moi detallado, así que pouco máis podemos dicir que animarvos a participar. Simplemente dicir na mesma páxina principal, ao final, hai uns mapas de Google Maps dende os cales é máis doado participar. Iso si, se accededes aos enlaces de localizar cidades e xeorreferenciar tedes máis información e titorais sobre as dúas iniciativas (en español e inglés).

A páxina principal está dispoñible en galego. Nós participamos na súa tradución:

http://www.citiesatnight.org/index_GL.html

Mención NASA a este proxecto: http://earthobservatory.nasa.gov/IOTD/view.php?id=84257&src=eoa-iotd

Defensores da escuridade do ceo

Tódolos anos a International Dark-Sky Association (IDA) entrega un premio pola defensa da escuridade do ceo (Dark Sky Defender awards). Este ano este premio foi outorgado a Alejandro Sánchez que, xunto con outros estudantes e investigadores da Universidad Complutense de Madrid (UCM), están levando a cabo diversos estudos sobre contaminación lumínica dos que falaremos en próximas publicacións. ¡Parabéns Alejandro!

Aquí tedes a publicación na páxina da IDA que felicita a Alejandro:

¡Felicitaciones, Alejandro Sánchez de Miguel!

Alejandro of the Universidad Complutense de Madrid was awarded the IDA Dark Sky Defender award at this week’s Artificial Light at Night  2014 conference in Leicester, UK. He is the driving force behind the innovative “Cities at Night” light pollution citizen science project.

(Tradución: Alejandro, da Universidad Complutense de Madrid, foi premiado co premio da IDA de defensor da escuridade do ceo esta semana na conferencia ‘Luz artificial de noite 2014’ en Leicester, Reino Unido. El é quen coordina o proxecto de ciencia ciudadana de contaminación lumínica “Cities at Night“).

Aínda que está sen actualizar, no seguinte enlace podedes ver outros gañadores do premio: http://www.darksky.org/night-sky-conservation/annual-awards. Resaltar que polo que nos comentan o ano pasado o premio tamén acabou en España, nesa ocasión foi para Observatorio Astronómico de Guirguillano. Lamentablemente non atopamos información na rede ao respecto.

Coidando o ceo nocturno da Terra: Starlight e IDA.

Hai diferentes iniciativas para loitar contra a contaminación lumínica. Cada unha motiva dun xeito diferentes. Hoxe queremos falaros de dous iniciativas internacionais que pretenden recoñecer e dar valor aos lugares que non sofren contaminación lumínica e que se esforzan para que así sea.

A primeira é a iniciativa Starlight (información máis actualizada: http://fundacionstarlight.org/), que naceu en 2007 na isla da Palma, en España,coa finalidade de facer comprender que o ceo nocturno é un dereito, cousa que recoñeceu a UNESCO ao declarar o ceo nocturno Patrimonio Mundial da Humanidade.

A iniciativa medra e hoxe en día pódese ler na súa web algo tan xenércio como “sitios Starlight”. E é que a mensaxe vai chegando e diferentes tipos de lugares queren ser recoñecidos como lugares con ceo escuro, onde poder realizar actividades astronómicas, onde non se despilfarran cartos en luz mal instalada…

Por outra banda está a International Dark-Sky Association (IDA. Asociación Internacional de Cielo Oscuro), que leva loitando contra a contaminación luminosa dende 1988.

New York. Foto de: Jim Richardson
New York. Foto de: Jim Richardson.

A IDA tamén ten uns criterios establecidos para declarar lugares internacionales de ceo oscuro (International Dark Sky Places). Ningún lugar de España está todavía en ningunha lista de IDA, pero debería ser cuestión de tempo, xa que nos Pirineos franceses o Pic du Midi si está na lista de Reservas Internacionais de Ceo Escuro e esta reserva ten a súa extensión natural en territorio español.

A IDA designa a cada tipo de lugar como ouro, plata ou bronce segundo o seu nivel de ceo escuro. Así, tan só 3 das 8 reservas internacionais de ceo escuro teñen a categoría de ouro. As outras son todas plata. Mentres que hai un total de 13 parques internacionais de ceo escuro e outro máis en camiño se todo vai ben. Para máis información e para coñecer outros lugares con algún distintivo da IDA visitade a súa páxina.

E así quedan presentadas dúas grandes iniciativas a nivel internacional de loita contra a contaminación lumínica. Veremos outras en próximas entradas.