Ikea e a ¿seguridade?

Ikea leva moito tempo publicitando a iluminación LED dun xeito bastante agresivo. Xa sabedes que no exterior nada de nada, polo de agora. Pero desta vez é necesario pararse un anaco na súa publicidade, que descubrimos grazas a Salvador Bará a través dun foro da asociación Cel Fosc.

Non imos discutir en absoluto a mellora na calidade de vida que trae consigo a luz artificial, pero, coma todo, é bo nas dosis adecuadas e, coma sempre, é necesario desmontar algúns mitos que se xeralizan en torno a un tema, neste caso a iluminación e a seguridade.

A publicidade de Ikea nesta páxina é a seguinte:

ikea_1
Na imaxe non se ve, pero nela orixinalmente estaba inscrito o seguinte texto: La iluminación aumenta la seguridad en las calles. Por cada bombilla LED que compres, la Fundación IKEA dona 1€ para la iluminación de los campos de refugiados.

Na páxina onde explican a iniciativa din moitas cousas certas e que compartimos, todas elas relacionadas cos beneficios da luz artificial, pero a imaxe que aompaña á iniciativa e o texto son mellorables.

Por unha banda a imaxe inclúe un número de luces bastante alto na superficie que se amosa na fotografía e, por outra, o texto é unha gran mentira. Primeiro de todo imaxinemos un lugar completamente escuro, parece complicado moverse por un lugar así, tanto para un delincuente como para unha posible vítima. E segundo, aquí vos deixamos un enlace que se atopa na biblioteca de Cel Fosc no que se demostra que a iluminación pública non inflúe na redución da criminalidade: The influence of street lighting on crime and fear of crime.

A través do mesmo foro que Salvador Bará, Alejandro Sánchez comparte a versión inglesa, onde dicían (xa non aparece igual) que: Solar street lights for a safer community. Adding solar street lights to refugee camps improves safety by reducing the risk of crime and sexual and gender-based violence (Luces solares na rúa para unha comunidade máis segura. Instalando luces solares para campos de refuxiados auméntase a seguridade, reducindo o risco de crime e violencia sexual). Case nada…

Tamén Alejandro fainos o favor de aclarar que a publicidade de Ikea pode estar moi equivocada:

http://www.britastro.org/dark-skies/crime.html

Seguridade vial e iluminación

Esta é a primeira publicación de dúas ou tres que van traer polémica, pero que é preciso tratar.  Atopámonos cunha nova en El País, na edición de Madrid, co titular: Fomento apaga las farolas de 100 kilómetros de autopistas. Esta nova trae consigo a opinión de moita xente e a interpretación de datos. Nada en contra disto, salvo que na maioría dos casos isto estase a facer con moi pouco rigor e, sobre todo, creando medo e inseguridade na cidadanía sen motivo.

Chama a atención na nova (que podedes ler premendo no titular no parágrafo anterior) que se fala de datos de mortandade “alegremente”; pero en ningún momento se indica se as mortes se producen de día ou de noite. Tampouco se valoran outras variables coma número de carrís, densidade de tráfico ou estado da estrada, por exemplo… Hai unha carencia de rigurosidade moi alarmante. De feito lemos nesta nova de Ponle Freno o seguinte:

En cuanto al perfil del fallecido en accidente de tráfico, “no se trata del joven conductor inexperto, como se acostumbra a pensar, sino que el 51% de las víctimas tiene más de 45 años”, según apunta la directora de la DGT y añade que  “la movilidad de los trabajadores les expone al riesgo. Así que la implicación de las empresas con la seguridad vial no es un coste, es una inversión. Lo más preciado de una empresa es el capital humano”. Y añade: “el 75% de fallecidos por accidentes de tráfico se concentran entre las 8 de la mañana y las 8 de la tarde. El 64% de lunes a viernes. Lo que apunta que muchos accidentes son para ir y venir del trabajo”.

Falan na nova inidicada inicialmente de homoxeneidade, obviando por completo que en moitos casos esta conséguese apagando luces, coma por exemplo nos arredores das áreas de servizo das autoestradas, onde un se atopa cun montón de luz despois de vir da escuridade. Outra solución neste caso sería introducir iluminación poquiño a pouco, de menor a maior intensidade, pero dende logo non como se fai, que provoca máis cegamentos que outra cousa. Outra maneira de favorecer a homoxeneidade é enfocar ben todas as luminarias que están preto das estradas e autoestradas, que son numerosos os focos de luz que encandean aos condutores, que é o que realmente afecta á seguridade vial.

Por outra banda non se comenta nada dos reflectores que se poñen normalmente nas vías con certo tráfico para que nos guiemos con facilidade.

luces_noche
¿E que hai da mellora dos faros dos vehículo? ¿E da adecuación da velocidade da marcha ás condicións ambientais? Fonte: http://juanjogabina.com/2009/04/15/la-cultura-del-perdedor-se-basa-en-la-urgencia/

Tamén sería necesario neste caso falar das cores das luces e da repercusión destas na nosa percepción. As luces frías, as branco-azuladas, son luces que non se deben utilizar no exterior, pois espállanse ata moi lonxe e reflíctense con forza en todas as superficies. As mellores luces son as de cores cálidos, entre vermello e amarelo, que cegan menos, entre outros beneficios. O que teñen estas luces é que non nos permiten percibir con claridade todo o espectro de luz e, polo tanto, de cores, polo que perdemos nitidez na visión. Así pois, é moi problable que moita xente perciba mellor unha luz en movemento na escuridade, que unha luz dun móbil dun ton parecido á luz ambiente.

Alumar máis non significa ver mellor e non é necesario escudarse no robo de cobre para apagar luces e aforrar cartos. O que hai que facer é explicar as cousas e alumar mellor alí onde é necesario: presenza de peóns, alta densidade de tráfico (nas horas onde isto sexa así), cruces con pouca visibilidade…

Sobre seguridade vial e rotondas existe este estudo que non conclúe que a iluminación delas reduza os accidentes: The lighting of rural roundbouts.

Noite do 22 de abril de 2013

Hoxe o ocaso comeza en Galicia a partir das 21:15. Os primeiros lugares onde comezará será no interior de Galicia, producíndose nas cidades de Lugo e Ourense ás 21:20. Sobre as 21:26 terán lugar os últimos ocasos nas localidades costeiras máis situadas ao oeste. Polo tanto a partir destas horas empezará a anoitecer e escurecer. Xa entonces poderase ver a Lúa, xa case chea, e Xúpiter, este último xa nos seus últimos días visible no Hemisferio Norte de noite.

Que se pode facer hoxe?  Hoxe imos propoñervos que vos fixedes cantas luminarias, sexan do alumeado público, de escaparates, fachadas, carteis publicitarios, ou o que sexa, están acesas antes sequera de que empece a esconderse o Sol. Xa fai bastante que cambiamos os nosos reloxos de hora. Cambiáronse tamén os temporizadores que regulan as luminarias? Comprobádeo. Se queredes, compartide con nós algunha foto ou comentario dos lugares onde se fan mal as cousas e, tamén, onde se fan ben e esperouse a que comezase a anoitecer para acender as luces.

Desfrutade da noite!

Chapuza total

Así califica Daniel Ríos o que observou en Ortigueira. Aquí tedes a foto e a historia relatada por el mesmo, que nos deixou no noso Facebook:

OLYMPUS DIGITAL CAMERAAyer (30 de marzo de 2013) estuve en el puerto de Ortigueira y observé algo que fue objeto de risas durante al menos 5 minutos. Paseando por junto al embarcadero observé un montón de farolas que ya había visto en otros sitios: un potentísimo foco alumbrando hacia arriba, hacia una placa OPACA Y BLANCA (no un espejo) que supuestamente tiene la función de reflejar la luz para que alumbre hacia abajo. En un video sobre contaminación lumínica que he visto mencionaban que la eficiencia de este tipo de luminaria era inferior al 10%, el otro 90% era luz que se proyectaba directamente al cielo. ¿Para que apuntar un foco hacia el suelo si podemos gastar materiales y dinero extra en fabricarle una “visera” y apuntar el foco hacia arriba, aparte de hacerla mucho mas ineficiente? Está claro que en ese paseo de noche, o no se ve, o tienen que instalar unas potencias tremendísimas para que se pueda apreciar algo de luz en el suelo. Como ya os dije, este diseño lo ví en muchos lugares. Pero lo realmente curioso es que, observando todo el paseo, había una farola diferente al resto. Al parecer se le rompió el reflector superior (por llamarle así, porque eso no creo que refleje nada), y el “ingeniero” tuvo la feliz idea de, como solución temporal, coger el foco y girarlo hacia abajo, de modo que alumbre directamente a lo que se quiere iluminar: el paseo. Conclusion: ahora (roto y con una maniobra chapuza), es 4 o 5 veces mas eficiente que el principio, jaja

LEDs

Poñer LED no buscador Google é suficiente para atopar un montón de argumentos en favor deste tipo de iluminación. Tamén é doado atopar definicións e explicacións do funcionamento e evolución do LED.

O problema é que non todo o mundo pensa que esta tecnoloxía é a máis apropiada para algúns dos usos que se lle empezan a dar, por exemplo a iluminación exterior. Son moitos os concellos que asesorados por empresas eléctricas están cambiando a iluminación das rúas instalando este tipo de iluminación emerxente, pero son moitos os profesionais e expertos, incluso traballadores destas compañías e instaladores de luminarias, os que pensan que non é ouro todo o que reluce, ou mellor dito, o que nos venden.

Nós non somos profesionais nin expertos en iluminación, pero por interese temos lido e escoitado diferentes posturas acerca deste tema.Decantámonos máis polos argumentos que se posicionan en contra do uso do LED en espazos abertos e o facemos despois de contrastar información. E con este ánimo, que todos poidades contrastar información, deixamos nesta entrada un enlace a unha páxina que trata o tema dende un punto de vista crítico e de contraste con outros tipos de iluminación.

Recomendamos ler esta páxina con calma e consultar tamén as entradas que aparecen ao final, onde se poden atopar entradas e comentarios de expertos, como a asociación Cel Fosc de loitra conta a contaminación lumínica que traballa en España.

http://ledsknow.info/