¿Bonitas? paisaxes nocturnas

Daniel Ríos é un nome con diferentes significados para Calidade do Ceo Nocturno. Ten moita culpa en este colectivo chegase ata hoxe, nomeámolo socio honorífico e tamén é socio numerario. Pero a cousa non queda aí: Daniel é un gran fotógrafo e tivo a amabilidade de compartir con todos nós parte do seu gran traballo.

As seguintes fotos mostran o efecto da contaminación luminosa dende lonxe. Vese claramente como a luz vai cara o ceo, impedindo ver o horizonte tan estrelado como está o resto do ceo.

Na seguinte imaxe vemos o complicado que é compaxinar a iluminación sustentable coa actividade do ser humano. Difícil pero non imposible. Pensade na dificultade de atracar barco nunhas condicións de iluminación excesiva.

faro de mera cielo cc nombre.jpg

A continuación unhas panorámicas con diferentes localizacións que emiten unha abafante contaminación luminosa. Luces que impiden que exista a escuridade a quilómetros de distancia, afectando así a todo o contorno deses lugares.

Por último dúas imaxes do ceo. Nas dúas vese como se multiplica o efecto da contaminación luminosa cando hai nubes xa que a luz reflicte nelas e só nunha a visión da Vía Láctea é clara. Recordade que recentemente saíu a nova de que un terzo dos seres humanos non pode ou nunca viu a Vía Láctea: http://www.europapress.es/ciencia/astronomia/noticia-polucion-luminica-oculta-via-lactea-tercio-humanidad-20160610190534.html

As luces da miña rúa

Pegáronnola outra vez con nocturnidade

Así de rotundo conclúe o seu artigo publicado en El Periódico o director de cine David Trueba. Un bo artigo sobre as consecuencias de que a xente non participe na xestión da iluminación pública e que non exista, todavía, unha cultura da luz que nos permita alumar para ver e sen contaminar. Neste sentido Trueba di:

A temperatura de cor é, como todo afeccionado ao cine sabe, un estado de ánimo

O artigo: http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/las-luces-calle-por-david-trueba-3884644

Apagan as luces dunha vila (esta vez en serio)

No día dos Santos Inocentes gastamos unha pequena broma na que dicíamos que unha vila galega decidía apagar as luces para sempre. Agora vemos que iso pasou nunha vila de Navarra, aínda que non decidiron vivir só coa luz do Sol, senón poñer interruptores nas luces, como se facía hai décadas. Aquí vos deixamos a nova: http://www.noticiasdenavarra.com/2015/01/31/vecinos/sangesapirineos/la-luz-se-apaga-en-las-vacias-calles-de-aspurz

A contaminación lumínica en libros

Proximamente mercaremos os seguintes libros que tratan sobre a contaminación lumínica. Se algún dos nosos lectores xa leu algún agradeceriamos que comentase algo sobre o libro.

Por un lado temos o libro El fin de la oscuridad, que se pode mercar en formato dixital en Amazon ou na Casa del Libro, entre outros. Por outro lado está El paisaje nocturno y la iluminación en los Centros Históricos Urbanos, libro que nace das Jornadas de Iluminación. Paisaje nocturno en los conjuntos históricos.

Esperamos que podan ser libros do voso interese.

Comunicado da Junta de Andalucía sobre os efectos da luz branca

Un grupo de expertos internacionais, impulsado pola Junta de Andalucía, fixo público SABAS QUE ritmo circadianoun comunicado advertindo do uso da luz branca con gran compoñente de luz azul.

Somos moitos os que vimos avisando dende hai tempo do perigoso que se está a volver a iluminación pública por mor dos cambios nel que está propiciando a tecnoloxía LED. Así, no documento adxunto a continuación, pódese ler que

Os dispositivos LED que emiten este tipo de luz son especialmente contaminantes, debido á súa elevada porcentaxe de radiación azul

A continuación mostramos outras cousas que se din no documento e  no medio atoparedes enlaces no que se fala máis polo miúdo de cada tema:

SABIAS QUE salvaxe

Cabe destacar que multitude de especies cercanas á base da cadea trófica, como os insectos nocturnos (bolboretas ou lucecús, por exemplo), son máis sensibles á luz rica en tonos azuis. Da mesma maneira, o efecto da

iluminación artificial, sexa localizada ou difusa, pode resultar fatal para determinadas especies que recorren á escuridad total da noite e aos ceos estrelados para guiarse dende os lugares de cría hacia o océano (tartarugas mariñas ou pardelas). Valéndose de esta atracción das especies por determinado tipo de luz, as flotas comerciais utilizan luces potentes e localizadas para a captura de peixes e cefalópodos

É urxente ter en conta a ecoloxía da noite.

Actualmente dispoñemos de indicios científicos que sixiren que unha exposición excesiva á luz branca durante a noite xenera disrupción circadiana ou crono-disrupción; o que dificulta unha orde temporal interna correcta.

Os estudos epidemiolóxicos mostran que a crono-disrupción vai asociada a un incremento da incidencia do síndrome metabólico, enfermidades cardiovasculares, desordes cognitivos e emocionais, con avellentar prematuramente e algúns cancros coma o de mama, próstata e colorrectal, así como ao empeoramento de patoloxías preexistentes. Porlo tanto, a luz branca azulada non se pode considerar inocua.

Neste documento participaron investigadores da REECL.

 O documento: http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/portal_web/web/temas_ambientales/atmosfera/contaminacion_luminica/Declaracion_internacional_uso_luz_azul_ES.pdf

No concello galego de Vilaxoán de Arriba deciden apagar as luces para sempre #28dic2014

Din os vilaxoanenses darriba que eles non necesian da luz artificial para ver, que se bastan coa luz da Lúa e das estrelas. Ademais hai moitos que defenden que a noite non está para estar esperto. “De noite hai que durmir e non estar de troula por aí. Co Sol hai que traballar e xa hai tempo dabondo para festas”, comenta Ramón, un home de 67 anos canso das esmorgas dos máis xóvenes.

luminaria_apagada
Luz apagada na vila

O alcalde do concello di que a medida non só será boa para que a xente aproveite as horas de Sol dende moi cedo, ao non alongar as súas actividades durante a noite fóra da casa, senón que ademais o concello terá superávit en pouco máis de dous anos, xa que a luz é a factura máis cara que ten que pagar.

Preguntados pola seguridade, os lugareños defenden que ao coñecerse todos e confiar un nos outros ninguén terá a ousadía de saír na escuridade a facer mal a ningún veciño e que para casos de emerxencia farán uso de lanternas.

Ante esta peculiar iniciativa, decenas de astrónomos e biólogos están planeando viaxar a este concello do interior de Galicia para desfrutar de toda a beleza da noite: estrelas, mouchos, lucecús, ourizos… É tal a espectación que os hoteis de concellos veciños, coma Os Biosbardos, non teñen xa habitacións libres para os próximos tres meses.

Noutros campos do coñecemento, como a mediciña, antropoloxía, ciencias medioambientais e a economía, tamén hai expertos interesados en coñecer as repercusións desta iniciativa a longo prazo. ¿Mellorará a saúde da xente? ¿Como evolucionarán os seus costumes e como se adaptarán á nova situación? ¿Haberá na zona menos contaminación por gases e outros? ¿En que invertirá o concello os cartos que aforre? Moitos interrogantes para algo inédito.

inocentesPor suposto este artigo é unha broma polo día dos inocentes. Nunca ninguén que loite contra a contaminación lumínica enviará unha mensaxe que implique apagar as luces que fan que a nosa vida sexa de maior calidade, pero si as que non teñen ese obxectivo e a súa presenza é cuestionable. Pero moito do que dicimos nesta broma tamén é motivo de reflexión. Son cousas das que sempre falamos e sobre as que na sociedade en xeral existen prexuízos, como a seguridade mal entendida. A vida salvaxe nocturna, a saúde, a economía… son cousas das que sempre falamos a nas que a contaminación lumínica influe negativamente.

Sigamos alumando as nosas vidas, pero dun xeito responsable e con coherencia.