Contaminación luminosa e evolución

Grazas á Rede Española de Estudos sobre Contaminación Luminosa (REECL) coñecimos a recente publicación do artigo ‘Reduced flight-to-light behaviour of moth populations exposed to long-term urban light pollution‘ (As bolboretas nocturnas mudan o seu comportamento de voo cara a luz tras estar expostas á luz urbana por longo tempo).

bolboreta_nocturna_baixo_mino
Bolboreta nocturna do Baixo Miño. Fonte: Anabam

O investigador da REECL Joaquín Baixeras, biólogo do Instituto Cavanilles de biodiversidad y biología evolutiva da Universitat de València, tivo a ben de nos facer o seguinte comentario moi clarificador sobre o estudo citado:

Os resumo la idea a los no biólogos: las mariposas nocturnas vuelan y son atraídas por la luz, esto lo sabemos, pero nunca todos los individuos vuelan igual, como no todos comen igual o reaccionan igual. Como en cualquier población, puede haber individuos de una misma especie que sean más voladores que otros, lo que se relaciona con su capacidad mayor o menor para colonizar nuevos espacios y en definitiva una -siempre variable- capacidad de dispersión.

Los individuos más “sedentarios” seguramente contribuyen a mantener poblaciones locales, los más “intrépidos” permiten colonizar nuevos espacios, entre ambos extremos podemos imaginar toda gama de “grises”. Son estrategias complementarias, que se necesitan las unas a las otras; no es que sean ni buenas ni malas. La sospecha era si la luz urbana podía estar ejerciendo una selección –negativa en este caso- sobre los individuos más voladores, dado que se está atrayendo fundamentalmente a los individuos más activos –digamos más “intrépidos”- que ven castigada fatalmente su iniciativa en favor de individuos de hábitos más sedentarios. Este articulo presenta evidencia en favor de que efectivamente, incluso algunas especies de carácter bastante invasivo, como en las que se basa el estudio, pueden estar sufriendo fuertes desviaciones en su comportamiento. Si se favorece a los individuos más sedentarios al distraer a los más voladores se disminuye la circulación de genes entre poblaciones (flujo genético lo llamamos) porque favorecemos la genética de los individuos menos activos en el vuelo. A la larga, esto puede afectar –ya- a otros elementos del ecosistema. Por ejemplo, dado que los individuos más voladores también son los que más visitan flores y por lo tanto contribuyen a la polinización, las plantas dependientes de esta polinización también se verán afectadas.

Queda claro,unha vez máis, que a contaminación luminosa ten efectos perxudiciais nos ecosistemas.

 

Sen palabras…

Non hai palabras para describir esta ocurrencia: luces LEDs como insecticida. Levamos moito tempo denunciando os perigos desta nova tecnoloxía que está a ser moi mal utilizada, en termos xerais, para alumar espazos abertos.

Fonte: http://coctel-de-ciencias.blogs.quo.es/tag/luz/
Fonte: http://coctel-de-ciencias.blogs.quo.es/tag/luz/

O seguinte enlace mostra as conclusións dun estudo que, no seu intento de dicir algo bo desta tecnoloxía, dános toda a razón sobre o que vimos denunciando: os LEDs brancos e azuis son perxudiciais para os ecosistemas e, ollo, tamén para nós, por moito que digan neste artigo que é “un insecticida eficaz que non nos dana”.

O artigo: http://www.omicrono.com/2015/01/las-luces-led-el-nuevo-insecticida-100-eficaz-contra-las-plagas/

Para máis información sobre os LED pinchar aquí.

Bolboretas nocturnas e luz artificial

Tradución libre do artigo: http://www.discoverwildlife.com/british-wildlife/why-are-moths-attracted-artificial-light

 

Bolboreta nocturna. Fonte http://www.discoverwildlife.com/british-wildlife/why-are-moths-attracted-artificial-light
Bolboreta nocturna. Fonte: http://www.discoverwildlife.com/british-wildlife/why-are-moths-attracted-artificial-light

A atracción que senten as bolboretas nocturnas pola luz é proverbial:  “Deseñado como unha bolboreta a unha chama”, dicimos de persoas con desexos irresistibles para consultar algo arriscado. Só que non todas as especies de bolboretas senténtense atraidas pola luz artificial, e ninguén sabe o motivo.

A explicación xeral é que as bolboretas usan unha luz distante brillante – a lúa, por exemplo – como un faro de navegación, sempre voando transversalmente a el. Con todo, as luces artificiais están máis preto ca Lúa, polo tanto, as bolboretas voan gradualmente en espiral cara a súa condena.

Pero, ¿é a resposta correcta? Algúns expertos suxiren que certas luces artificiais semellan as frecuencias de luz emitidas polas feromonas sexuais das bolboretas femias. Ou que a luz atrae ás bolboretas nocturnas para deterse – despois de todo, o Sol é un aviso de que acaba a noite. Ou esa luz moi brillante simplemente as desorienta.

Ninguén o sabe con exactitude. Pode ser que cada teoría sexa certa para diferentes bolboretas nocturas. Despois de todo, hai 160 mil especies coñecidas co seu propio comportamento: o desafío é saber a diferenza entre bolboretas e mitos.

De calquera xeito, é frecuente ver ás bolboretas nocturas e a outros insectos voar preto de luz artificial, por iso alumar correctamente para non atraelas e non interferir na súa vida cotiá é importante.

¿Adeus aos vagalumes?

A este ritmo si, e para sempre.

A contaminación luminosa está afectando á reproducción destes insectos que se axudan da luz para que o macho atope á femia. Buscando por internet “vagalumes e contaminación lumínica” ou, en español, “luciérnagas y contaminación lumínica” pódense atopar difernetes novas ao respecto. Aquí recollemos algunhas cousas que nos pareceron interesantes:

Na biblioteca de Cel Fosc atopamos este documento: http://www.celfosc.org/biblio/general/gt20vconama.pdf, onde se di que a contaminación lumínica “afecta al ritmo reproductivo de los insectos que, en muchas ocasiones, son incapaces de atravesar las barreras de luz que forman las instalaciones de alumbrado artifial. En otras ocasiones, como en el caso de las luciérnagas, que han desarrollado un modo de comunicación basado en la emisión de señales luminosas de muy baja intensidad, el velo de luz dificulta la comunicación y, por tanto, la reproducción”.

Fonte: http://www.redeamigoespirita.com.br/profiles/blogs/o-vagalume-e-a-serpente
Fonte: http://www.redeamigoespirita.com.br/profiles/blogs/o-vagalume-e-a-serpente

No diario El País tamén recollen este problema nun artigo de Manuel Rivas que se pode ler aquí: A desaparición dos vagalumes. Nel di “nos valados dos camiños de Castro de Elviña había moitos vagalumes e poñelos na man”. Castro de Elviña está na Coruña e Víctor, membro de Calidade do Ceo, vivíu alí dous anos (2012 e 2013) e di que abofé que nunca viu un.

E para rematar dúas testemuñas da desapariciós destes bichiños: no blog Noroeste Ibérico, xa en 2009, escribía o seu autor sobre os vagalumes: http://noroesteiberico.blogspot.com.es/2009/07/vagalumes.html e en Ciencia + Tecnoloxía foi en 2010 cando se fixeron eco deste problema: http://teresaml.blogaliza.org/2010/08/01/os-vagalumes-e-a-contaminacion-luminica/

En agosto de 2016 fálase deste tema en La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/video/galicia/2016/08/25/piensalo-ves-luciernaga/0031_2016085098304652001.htm

¿Estamos a tempo de recuperar os vagalumes? Seguro que si.