As luces da miña rúa

Pegáronnola outra vez con nocturnidade

Así de rotundo conclúe o seu artigo publicado en El Periódico o director de cine David Trueba. Un bo artigo sobre as consecuencias de que a xente non participe na xestión da iluminación pública e que non exista, todavía, unha cultura da luz que nos permita alumar para ver e sen contaminar. Neste sentido Trueba di:

A temperatura de cor é, como todo afeccionado ao cine sabe, un estado de ánimo

O artigo: http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/las-luces-calle-por-david-trueba-3884644

¿Contaminación lumínica? ¡Denuncia!

Dicía un profesor meu que os galegos temos 7 sentidos: vista, olfato, tacto, oído, gusto, sentido común e sentidiño. Cando falamos de contaminación lumínica case sempre basta con aplicar o sentido común e o sentidiño para comprender a necesidade e os beneficios de combatela e facela desaparecer, pero é que, ademais, tamén se pode usar a lei para exixir unha iluminación correcta, eficiente e que non produza contaminación lumínica. 

Non estamos obrigados a aguantar o intrusismo, o malgasto dos cartos públicos nin ningunha das consecuencias da contaminación lumínica.

Real Decreto 1131/1988, de 30 de septiembre, por el que se aprueba el Reglamento para la ejecución del Real Decreto Legislativo 1302/1986, de 28 de junio, de Evaluación de Impacto Ambiental (HTML) – Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo
Boletín Oficial del Estado, n.º 239, 5 de octubre de 1988, pp. 28911-28916

– Extracto:

6 Contenido
La evaluación de impacto ambiental debe comprender, al menos, la estimación de los efectos sobre la población humana, la fauna, la flora, la vegetación, la gea, el suelo, el agua, el aire, el clima, el paisaje y la estructura y función de los ecosistemas presentes en el área previsiblemente afectada. Asimismo, debe comprender estimación de la incidencia que el proyecto, obra o actividad tiene sobre los elementos que componen el Patrimonio Histórico Español, sobre las relaciones sociales y las condiciones de sosiego público, tales como ruidos, vibraciones, olores y emisiones luminosas, y la de cualquier otra incidencia ambiental derivada de su ejecución.
[…]
8. Descripción del proyecto y sus acciones. Examen de alternativas.
La descripción del proyecto y sus acciones incluirá:
[…]
– Descripción, en su caso, de los tipos, cantidades y composición de los residuos, vertidos, emisiones o cualquier otro elemento derivado de la actuación, tanto sean de tipo temporal durante la realización de la obra, o permanentes cuando ya esté realizada y en operación, en especial, ruidos, vibraciones, olores, emisiones luminosas, emisiones de partículas, etc.

Máis sobre leis na páxina de Cel Fosc: http://www.celfosc.org/biblio/legal/index.html

Noite do 2 de maio de 2013

Que se pode facer hoxe? O luns desta semana propuxemos que vos fixárades nas luminarias mal instaladas que aluman cara o ceo e tamén cara as fiestras das casas. Hoxe propoñemos que cando se faga de noite subades as persianas das vosas casas e apaguedes todas as luces das habitación (tamén televisión, monitor do ordenador…) e que comprobedes se entra luz de fóra. Sería moi interesante que sacárades unha foto dunha habitación neste contexto e que comparemos unhas cantes. Na foto podedes incluir un comentario ou outra foto sobre a fonte emisora da luz, que non sempre son luminarias das rúas.

Desfrutade da noite!

Noite do 29 de abril de 2013

Esta noite parece que non vai a estar despexada, así que non vos fiedes de que durante o día o Sol estea quentando.

Que se pode facer hoxe? Hoxe podedes comprobar que as luminarias das rúas, dos carteis publicitarios, dos monumentos e das frontes dos edificios están, polo xeral, moi mal instalados. A cousa é sinxela, fixádevos cantas luminarias están enfocadas cara arriba, cara o ceo. Nas fotos do noso Facebook tedes moites exemplos por se non tedes claro cando unha luminaria non está ben posta.

Ademais podedes fixarvos cantas luminarias están preto ou enfocadas directamente cara algunha fiestra. Isto chámase intrusismo e durante esta semana volveremos a abordar este problema. Inisistimos nisto porque nunha das primeiras actividades que fixemos, unha persoa dixo que ata que nós falamos deste problema non foi consciente de que, efectivamente, a luz da rúa entraba pola súa fiestra e que debido a ela tiña luz en casa que lle molestaba. Para esta persoa convivir coa luz de fóra na súa casa era xa algo normal e o costume provocou que non reparara nos trastornos que lle provocaba na vida cotiá: baixar as persianas antes de ir durmir (en principio baixamos as persianas para evitar a luz do Sol, non das luminarias), deslumbramentos encandeamentos… E o mais importante, nunca pensara que este problema é evitable. Así que fixádevos nos lugares onde pode existir este problema e nos vindeiros días volveremos sobre el.

Desfrutade da noite!