Sen palabras…

Non hai palabras para describir esta ocurrencia: luces LEDs como insecticida. Levamos moito tempo denunciando os perigos desta nova tecnoloxía que está a ser moi mal utilizada, en termos xerais, para alumar espazos abertos.

Fonte: http://coctel-de-ciencias.blogs.quo.es/tag/luz/
Fonte: http://coctel-de-ciencias.blogs.quo.es/tag/luz/

O seguinte enlace mostra as conclusións dun estudo que, no seu intento de dicir algo bo desta tecnoloxía, dános toda a razón sobre o que vimos denunciando: os LEDs brancos e azuis son perxudiciais para os ecosistemas e, ollo, tamén para nós, por moito que digan neste artigo que é “un insecticida eficaz que non nos dana”.

O artigo: http://www.omicrono.com/2015/01/las-luces-led-el-nuevo-insecticida-100-eficaz-contra-las-plagas/

Para máis información sobre os LED pinchar aquí.

Comunicado da Junta de Andalucía sobre os efectos da luz branca

Un grupo de expertos internacionais, impulsado pola Junta de Andalucía, fixo público SABAS QUE ritmo circadianoun comunicado advertindo do uso da luz branca con gran compoñente de luz azul.

Somos moitos os que vimos avisando dende hai tempo do perigoso que se está a volver a iluminación pública por mor dos cambios nel que está propiciando a tecnoloxía LED. Así, no documento adxunto a continuación, pódese ler que

Os dispositivos LED que emiten este tipo de luz son especialmente contaminantes, debido á súa elevada porcentaxe de radiación azul

A continuación mostramos outras cousas que se din no documento e  no medio atoparedes enlaces no que se fala máis polo miúdo de cada tema:

SABIAS QUE salvaxe

Cabe destacar que multitude de especies cercanas á base da cadea trófica, como os insectos nocturnos (bolboretas ou lucecús, por exemplo), son máis sensibles á luz rica en tonos azuis. Da mesma maneira, o efecto da

iluminación artificial, sexa localizada ou difusa, pode resultar fatal para determinadas especies que recorren á escuridad total da noite e aos ceos estrelados para guiarse dende os lugares de cría hacia o océano (tartarugas mariñas ou pardelas). Valéndose de esta atracción das especies por determinado tipo de luz, as flotas comerciais utilizan luces potentes e localizadas para a captura de peixes e cefalópodos

É urxente ter en conta a ecoloxía da noite.

Actualmente dispoñemos de indicios científicos que sixiren que unha exposición excesiva á luz branca durante a noite xenera disrupción circadiana ou crono-disrupción; o que dificulta unha orde temporal interna correcta.

Os estudos epidemiolóxicos mostran que a crono-disrupción vai asociada a un incremento da incidencia do síndrome metabólico, enfermidades cardiovasculares, desordes cognitivos e emocionais, con avellentar prematuramente e algúns cancros coma o de mama, próstata e colorrectal, así como ao empeoramento de patoloxías preexistentes. Porlo tanto, a luz branca azulada non se pode considerar inocua.

Neste documento participaron investigadores da REECL.

 O documento: http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/portal_web/web/temas_ambientales/atmosfera/contaminacion_luminica/Declaracion_internacional_uso_luz_azul_ES.pdf

Nobel de Física 2014

O premio Nobel de Física 2014 foi led_azulentregado aos inventores do LED azul, polo que moitos dos que loitamos contra a contaminación lumínica consideramos oportuno recordar que a tecnoloxía debe acompañarse dun bo uso para non converterse nun problema en lugar dunha solución. O caso do LED, como vimos dicindo dende hai tempo, é un destes casos. Está demostrado que a luz branca e azul é mala para a saúde e o medio ambiente (artigos deste blog ao respecto aquí), pero o uso do LED branco-azulado non para de extenderse dun xeito alarmante en iluminación exterior. Non hai dúbida do gran avance que supón o LED en temas de iluminación, pero é preciso usalo ben e cando sexa preciso, non indiscriminadamente, seguindo os criterios dos expertos e non dos comerciais e vendedores de luz, que antepoñen os beneficios económicos á eficiencia.

No seguinte documento están as notas de prensa de Cel Fosc e da IDA sobre este premio: http://www.celfosc.org/NdPCelFoscNobel2014.pdf

A opinión do profesor Mira sobre o premio: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/10/12/luz-do-nobel/0003_201410E12P20995.htm

Opinión do inventor do LED vermello: http://www.publico.es/549295/el-inventor-del-led-rojo-carga-contra-el-comite-de-los-nobel

 

A descontaminación lumínica

En agosto de 2014 publicouse na revista Electra, revista técnica sobre innovación eléctrica, iluminación e TICs, un interesante artigo de Josep M. Ollé, profesor asociado de Luminotecnia da Universidat Rovira i Virgilli, universidade pública de Tarragona.

O artigo trata sobre a descontaminación lumínica e trata temas moi interesante como a toxicidade da luz (que afecta incluso aos insectos. No artigo faise referencia a u traballo do Museo das Bolboretas de Cataluña que alerta deste proble), actuacións de melloras de iluminación exterior e a aparición dun novo LED que de verdade axuda a diminuír a contaminación lumínica, o PC ámbar, que, como se di e xustifica no artigo, non ten efecto sobre os ritmos circadianos do ser humán.

O artigo conclúe con estas palabras moi acertadas:

A descontaminación lumínica das nosas cidades, non só é posible senón que é necesario realizala canto antes. Non se trata de deixar a oscuras as cidades senón de alumar só os espazos que deben ser alumados coa luz menos danina posible
e cos niveis de iluminación mínimos, aqueles
que os expertos internacionais recomendan
como suficientes para garantir unha adecuada visión sen afectar á sensación de seguridade.

Aquí tedes o artigo completo: “La descontaminacion lumínica”

O ciclo reprodutivo dos lémures

Un novo estudo conclúe que a contaminación lumínica provoca cambios no comportamento dos seres vivos: http://www.europapress.es/ciencia/habitat-y-clima/noticia-contaminacion-luminica-anula-ciclos-reproductivos-naturales-20140703101654.html

Os científicos que levaron a cabo esta investigación argumentan: “Plantexamos que a exposición crónica á contaminación lumínica podería afectar á función reprodutiva humana. O traballo nocturno e a luz artificial asócianse con irregularidades menstruais, disminución da fertilidade, abortos espontáneos e nacimentos prematuros. Pero isto é só unha hipótese e son necesarios estudos rigorosos”

En canto ao estudo cos lémures os resultados establecen que despois de só dúas semanas, o grupo sometido á contaminación lumínica tiña testículos considerablemente máis grandes e niveis máis altos de testosterona que o grupo control, que estaba sometido a unha luz de intensidade igual á da Lúa Chea.

Tamén a luz artificial propiciou que os lémures, animais nocturnos, acurtaran a súa actividade durante o periodo non diúrno.

Sobre temperaturas de cor, usos da luz e LED

Preguntando e investigando un pouco sobre os tipos de luz en canto á temperatura se refire, Josep Maria Ollé pasounos este enlace onde a clasificación está moi clara: http://www.ledshop.cl/?p=208

Ollo, porque así como a clasificación está moi ben, non o están tanto os usos. Para o que serve este enlace é para reflexionar sobre os usos da luz. ¿Ten sentido usar a luz branca para alumar no exterior? En xeral parece que non, pois a noite noite é e non ten moita lóxica alumar cunha luz que asemelle a do Sol.

Xa falamos moitos dos LEDs, pero non imos deixar de facelo. Esta clasificación é boa para entender porque hai que parar a instalación masiva desta tecnoloxía. Nas últimas semanas asistimos a varias conferencias onde as empresas fabricantes recoñeceron que os LEDs branco-azulados son máis baratos que os de cor ámbar. Como se pode ver na táboa do enlace presentado, as cores frías son as máis parecidas á luz diurna, co cal carece totalmente de sentido alumar espazos exteriores con esta luz. A noite noite é.

Para terminar, insistimos no aviso de que os vendedores de luz están para vender, polo que hai que ter moito coidado coas palabras que usan e co que nos ofrecen. Por un lado vannos ofrecer sempre a opción que nos custe menos (cor branco-azulada) e por outro vannos falar de cor branco cálido para confundirnos, xa que ao escoitar a palabra cálido pensaremos que é unha luz que non afecta negativamente ao entorno. Podedes ver no enlace que una luz deste tipo está máis preto do branco que das luces realmente cálidas.

Esta entrada é un pouco unha mestura de cousas que nos gustaría tratar en entradas independentes. Esperamos ter tempo para desarrollar un pouco máis certor temas aquí nomeados.

 

A OCU (@consumidores) estuda os LEDs

E o resultado, como non podería ser doutro xeito, non é o que nos venden:

¿Duran las bombillas LED tanto como se dice?

Facemos fincapé nesta frase:

Emplean más materiales en su composición, especialmente metales, lo cual redunda en un mayor impacto sobre el medio ambiente.

Moito ollo co que lemos e mercamos. O impacto ambiental dun obxecto debe medirse por todo o seu ciclo de vida: dende a fabricación ata a súa eliminación ou reciclaxe.

 

 

LEDs: unha loita duradeira

Hoxe traemos un artigo da revista AstronomíA publicado no ano 2011 onde diferentes expertos en materia de contaminación lumínica falan da iluminación LED. Dende entón parece que ningún aviso sobre eles é escoitado na administración, mentres que a contaminación lumínica segue medrando e, curiosamente, se seguen cambiando as luces cálidas por iluminación LED branca-azulada.

Todo este artigo merece ser lido. Ten algunhas referencias técnicas, pero pode ser entendido por calquera. A pesar do paso dos anos, segue sendo un tema de actualidade.

LA ILUMINACIÓN CON LED Y EL PROBLEMA DE LA CONTAMINACIÓN LUMÍNICA

Influencia da luz na cría de polos

Queremos insistir en que a contaminación lumínica non afecta só á astronomía, tamén afecta aos seres vivos. Unha mostra de que a luz artificial afecta á saúde a aos habitos dos animais son as granxas de polos. Nelas utilízase a luz artificial para favorecer o engorde rápido das aves para comercializalas canto antes.

A influencia é tal que se estudan diferentes tipos de iluminación e as horas están limitadas pola lexislación europea, como se pode ler neste artigo: Programa alternativo de luz para pollos.

A aparición da tecnoloxía LED propiciou novos estudos: Impacto de la iluminación artificial sobre la producción de pollos.

Actualmente moitos animais salvaxes e libres viven permanentemente baixo iluminación artifical, sobre todo aves. Os efectos que se observan nas granxas son extrapolables a estos animais.

LED e iluminación exterior

O tema LED parece non ter fin. Todo o mundo está de acordo en que é unha boa tecnoloxía e que voi ser o futuro, o problema xorde cando se fala do uso actual.

Como en calquera tecnoloxía no LED necesítase tempo para levar os resultados de laboratorio á realidade e para solucionar os problemas que se van atopando na súa implementación e que non se consideraron antes. Pero hai cousas que xa se saben e que se deben solucionar ou ter en conta antes de poñerse a instalar unha nova tecnoloxía en todas partes. Por exemplo, hoxe en día xa sabemos que para coñecer o impacto real dunha tecnoloxía no medio ambiente hai que estudar todo o ciclo de vida: dende a fabricación ata que remata a súa vida útil, incluso, na actualidade, no impacto real tamén se inclúe o custo da reciclaxe.

Recordamos esta páxina onde se analiza todo o ciclo dos LEDs para entender mellor os seguintes enlaces que imos compartir agora. Un dos enlaces é unha entrevista a Enric Marco Soler, profesor do Departamento de Astronomía e Astrofísica da Universidade Politécnica de Valencia (el mesmo aclarou que nin é xefe de departamento nin catedrático) e o outro é un artigo do Diaro Z arxentino que contrasta diferentes opinións e traballos, un deles un traballo coordinado por Enric Marco sobre as luminarias LED na cidade española de Valencia.

Salientamos da entrevista o seguinte anaco:

¿Hay contaminación lumínica?
Si el LEDes de color blanco, el problema se agrava mucho más ya que el componente azul de la luz blanca se difunde más en la atmósfera de acuerdo con la ley de disper­sión de Rayleigh (recordad el fondo azul del cielo, que proviene de la luz blanca del Sol) y, por ello, se produce mayor deslumbra­miento a los peatones, a los vehículos y ma­yor contaminación lumínica en el medio na­tural ya que se observará mucho más lejos.