Acércase o día máis longo do ano…

… pero en poucos lugares dito acontecemento provoca un cambio no horario da iluminación. E é que en pleno século XXI aínda non se adaptaron os temporizadores de iluminación ao percorrido real do Sol, que cada día sae e escóndese a hora diferentes. Sobra dicir que a hora exacta do inicio da noite astronómica, é dicir, o comezo da escuridade pola ausenza do Sol e non o momento no que nós consideramos que xa é noite, é de sobra coñecida.

Como exemplo esta foto dende a Praza de Portugal de Vigo, o día 10 de xuño de 2014 uns minutos máis tarde das 22:00 horas. Pode verse a fronte dun hotel xa alumada (e ademais cara arriba) e un poste de luz do porto acendido e outro apagado, coa Ría de Vigo de fondo. Nótase na fotografía que aínda hai moita luz, pois apenas acaba de producirse o ocaso (ver este enlace de Meteogalicia).

luz_anoitecendo

Seguro que durante todo o verán todos poderemos ver mil exemplos coma este, así que para a sección Que se pode facer hoxe? propoñemos buscar imaxes coma esta para compartir con todos. Podedes envialas por Facebook, comentar nesta entrada ou remitilas o noso correo, calidadedoceo@gmail.com

Rubién

A verdade que a nosa lingua ten palabras para todo. Se temos luscofusco para facer referencia aos momentos nos que se fai noite ou empeza a notarse a clareza dos primeiros raios do Sol, non ía ser menos a luz que se ve neses momentos.

Rubién: Luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ao abrir o día ou ao atardecer, cando lles dá o sol. A rubién é sinal de bo tempo.

A acepción dada fala da luz, pero resulta que este substantivo en plural fai referencia ás propias nubes:

Rubiéns: Nubes de cor vermella que hai ao abrir o día ou ao atardecer cando as ilumina o sol. Fixo unhas fotos das rubiéns.

O avelaíño rubién do atardecer.