A pesca da lura pota.

Hoxe, primeiro de abril de 2021, vemos en Twitter o seguinte chío

E recordamos que xa dende 2016 incluímos nas nosas actividade a seguinte noticia da que non gardamos máis datos que esta captura que adxuntamos:

Pasa o tempo e o problema persiste, por iso continuamos facendo actividades e seguimos transmitindo os coñecementos que hai sobre as causas e consecuencias da contaminación luminosa.

Medidas de brillo do ceo en Castrelo de Miño (08/10/2016)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

Grazas a uns cantos colegas, en especial a Richy, colaborador do Observatorio Astronómico de Forcarei, e Ramón, membro da Asociación Astronómica Vega, traballador do Centro de Estudios del Cosmos de Aragón e investigador da Universidad de La Laguna, a quen ademais lle debemos todas as medidas que imos publicar os vindeiros días, medimos no Clube Náutico de Castrelo de Miño, Ourense.

As medidas foron feitas durante as noites do 7 e 8 de outubro, días nos que tivo lugar a quedada anual de Astrogalicia. Os resultados son bos, aínda que o día 8 apréciase un incremento de brillo que seguramente se deba á presencia de nubes e que mostran que hai zonas mal iluminadas que con noites cubertas intensifican moito o brillo do ceo, que é escuro cando está despexado.

 

 

 

Medidas do brillo do ceo en Vigo (22/09/2016)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

Dende o 22 de setembro ao 4 de outubro instalamos un fotómetro SQM na contorna da Plaza Elíptica de Vigo, no tellado dun edificio. Esta é unha zona céntrica da cidade, pero xa na parte alta. Está ao carón do monte do Castro e preto da Praza de España (a dos cabalos). Houbo noites nubradas, despexadas e con choiva, polo que os resultados son moi variados e requiren unha boa interpretación. O valor máximo acadado foi de 19 magnitudes, pero foron medidas puntuais. A maioría das medidas son cercanas a 18,5 magnitudes.

Nas gráficas adxuntas vese claramente como as nubes e a choiva inflúen no brillo do ceo. A pesar da altura á que se tomaron estas medidas é evidente a contaminación luminosa. As medidas están na media das cidades e pódense atopar núcleos urbanos mellores e peores. En breves trataremos de facer algunha comparación.

Medidas do brillo do ceo en Bueu (04/09/2016)

(Se é a primeria vez que escoitas falar do SQM visita esta páxina Brillo do ceo nocturno)

A semana do 4 de setembro instalamos un SQM no camiño da Carrasqueira, en Bueu. É un lugar que está uns metros máis alto que o centro urbano da vila. Instalouse nun recinto pechado lonxe de luces de camiños e rúas e bastante protexido dos lugares da contorna que máis luz emiten. O tempo durante esta semana non foi moi estable, intercaláronse noites nubradas con despexadas. A Lúa estivo presente nalgunhas noites pero a baixa altura e cun brillo inferior ao 45%.

Nesta publicación compartimos dúas gráficas moi diferentes, pero que mostran como actúan as nubes nun lugar que é escuro cando estas non están presentes. A pesar de que o SQM non ten luces preto, o reflexo das luces artificiais sobre as nubes non se produce só na zona onde están instaladas, senón que se expande ata chegar a sitios que en principio non teñen unha considerable contaminación luminosa.

En xeral os resultados son bos cando non hai nubes e o que sucede cando o ceo está cuberto vén a dicir que na contorna do lugar si hai unha cantidade considerable de contaminación luminosa.

¿Bonitas? paisaxes nocturnas

Daniel Ríos é un nome con diferentes significados para Calidade do Ceo Nocturno. Ten moita culpa en este colectivo chegase ata hoxe, nomeámolo socio honorífico e tamén é socio numerario. Pero a cousa non queda aí: Daniel é un gran fotógrafo e tivo a amabilidade de compartir con todos nós parte do seu gran traballo.

As seguintes fotos mostran o efecto da contaminación luminosa dende lonxe. Vese claramente como a luz vai cara o ceo, impedindo ver o horizonte tan estrelado como está o resto do ceo.

Na seguinte imaxe vemos o complicado que é compaxinar a iluminación sustentable coa actividade do ser humano. Difícil pero non imposible. Pensade na dificultade de atracar barco nunhas condicións de iluminación excesiva.

faro de mera cielo cc nombre.jpg

A continuación unhas panorámicas con diferentes localizacións que emiten unha abafante contaminación luminosa. Luces que impiden que exista a escuridade a quilómetros de distancia, afectando así a todo o contorno deses lugares.

Por último dúas imaxes do ceo. Nas dúas vese como se multiplica o efecto da contaminación luminosa cando hai nubes xa que a luz reflicte nelas e só nunha a visión da Vía Láctea é clara. Recordade que recentemente saíu a nova de que un terzo dos seres humanos non pode ou nunca viu a Vía Láctea: http://www.europapress.es/ciencia/astronomia/noticia-polucion-luminica-oculta-via-lactea-tercio-humanidad-20160610190534.html

Inauguración do AIL2015

Hoxe inaugurase o Ano Internacional da Luz (AIL ou IYL polas súas siglas en inglés) na sede da ONU en París. Será un ano moi intenso no que se mesturarán actividades de astronomía con exposicións de física, óptica, contaminación lumínica e promocións de diferentes tipo de luces.

Diferentes pósteres do AIL2015: http://www.magic-of-light.org/iyl2015/download.php#
Diferentes pósteres do AIL2015: http://www.magic-of-light.org/iyl2015/download.php#

Esperamos un ano complicado nalgúns temas, xa que é de esperar que nos metan LEDs para todo e como a solución universal. Pero, ao mesmo tempo, é un ano perfecto para a loita contra a contaminación lumínica porque esperamos que moita xente se anime a tocar este tema.

http://ail2015.laserphotonics.org/

http://www.luz2015.es/

http://www.light2015.org/Home.html

Comunicado da Junta de Andalucía sobre os efectos da luz branca

Un grupo de expertos internacionais, impulsado pola Junta de Andalucía, fixo público SABAS QUE ritmo circadianoun comunicado advertindo do uso da luz branca con gran compoñente de luz azul.

Somos moitos os que vimos avisando dende hai tempo do perigoso que se está a volver a iluminación pública por mor dos cambios nel que está propiciando a tecnoloxía LED. Así, no documento adxunto a continuación, pódese ler que

Os dispositivos LED que emiten este tipo de luz son especialmente contaminantes, debido á súa elevada porcentaxe de radiación azul

A continuación mostramos outras cousas que se din no documento e  no medio atoparedes enlaces no que se fala máis polo miúdo de cada tema:

SABIAS QUE salvaxe

Cabe destacar que multitude de especies cercanas á base da cadea trófica, como os insectos nocturnos (bolboretas ou lucecús, por exemplo), son máis sensibles á luz rica en tonos azuis. Da mesma maneira, o efecto da

iluminación artificial, sexa localizada ou difusa, pode resultar fatal para determinadas especies que recorren á escuridad total da noite e aos ceos estrelados para guiarse dende os lugares de cría hacia o océano (tartarugas mariñas ou pardelas). Valéndose de esta atracción das especies por determinado tipo de luz, as flotas comerciais utilizan luces potentes e localizadas para a captura de peixes e cefalópodos

É urxente ter en conta a ecoloxía da noite.

Actualmente dispoñemos de indicios científicos que sixiren que unha exposición excesiva á luz branca durante a noite xenera disrupción circadiana ou crono-disrupción; o que dificulta unha orde temporal interna correcta.

Os estudos epidemiolóxicos mostran que a crono-disrupción vai asociada a un incremento da incidencia do síndrome metabólico, enfermidades cardiovasculares, desordes cognitivos e emocionais, con avellentar prematuramente e algúns cancros coma o de mama, próstata e colorrectal, así como ao empeoramento de patoloxías preexistentes. Porlo tanto, a luz branca azulada non se pode considerar inocua.

Neste documento participaron investigadores da REECL.

 O documento: http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/portal_web/web/temas_ambientales/atmosfera/contaminacion_luminica/Declaracion_internacional_uso_luz_azul_ES.pdf

Sobre temperaturas de cor, usos da luz e LED

Preguntando e investigando un pouco sobre os tipos de luz en canto á temperatura se refire, Josep Maria Ollé pasounos este enlace onde a clasificación está moi clara: http://www.ledshop.cl/?p=208

Ollo, porque así como a clasificación está moi ben, non o están tanto os usos. Para o que serve este enlace é para reflexionar sobre os usos da luz. ¿Ten sentido usar a luz branca para alumar no exterior? En xeral parece que non, pois a noite noite é e non ten moita lóxica alumar cunha luz que asemelle a do Sol.

Xa falamos moitos dos LEDs, pero non imos deixar de facelo. Esta clasificación é boa para entender porque hai que parar a instalación masiva desta tecnoloxía. Nas últimas semanas asistimos a varias conferencias onde as empresas fabricantes recoñeceron que os LEDs branco-azulados son máis baratos que os de cor ámbar. Como se pode ver na táboa do enlace presentado, as cores frías son as máis parecidas á luz diurna, co cal carece totalmente de sentido alumar espazos exteriores con esta luz. A noite noite é.

Para terminar, insistimos no aviso de que os vendedores de luz están para vender, polo que hai que ter moito coidado coas palabras que usan e co que nos ofrecen. Por un lado vannos ofrecer sempre a opción que nos custe menos (cor branco-azulada) e por outro vannos falar de cor branco cálido para confundirnos, xa que ao escoitar a palabra cálido pensaremos que é unha luz que non afecta negativamente ao entorno. Podedes ver no enlace que una luz deste tipo está máis preto do branco que das luces realmente cálidas.

Esta entrada é un pouco unha mestura de cousas que nos gustaría tratar en entradas independentes. Esperamos ter tempo para desarrollar un pouco máis certor temas aquí nomeados.

 

Rubién

A verdade que a nosa lingua ten palabras para todo. Se temos luscofusco para facer referencia aos momentos nos que se fai noite ou empeza a notarse a clareza dos primeiros raios do Sol, non ía ser menos a luz que se ve neses momentos.

Rubién: Luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ao abrir o día ou ao atardecer, cando lles dá o sol. A rubién é sinal de bo tempo.

A acepción dada fala da luz, pero resulta que este substantivo en plural fai referencia ás propias nubes:

Rubiéns: Nubes de cor vermella que hai ao abrir o día ou ao atardecer cando as ilumina o sol. Fixo unhas fotos das rubiéns.

O avelaíño rubién do atardecer.