A Hora do Planeta, con poucas luces

O título desta entrada é o título dun artigo publicado en La Razón o día 29 de marzo no que Jorge Alcalde, director da revista Quo, critica esta iniciativa dunha forma cuestionable.

No artigo, que podedes ler ao pé deste texto, critica que esta iniciativa non soluciona os problemas reais enerxéticos e indica que un deles é que a maior parte dos habitantes da Terra non teñen acceso á electricidade. A verdade é que a propia argumentación que utiliza vai na súa contra, xa que nada ten que ver o malgasto enerxético da nosa sociedade coas carencias do denominado Terceiro Mundo. Ou quizáis si teña que ver, porque os recursos naturais que utilizamos para xerar a inmensa maioría da enerxía que consumimos son finitos, polo que se uns dilapidan recursos os outros non poderán dispoñer deles.

Cuestiona a iniciativa porque di que nesa hora na que se apagan luces non se detecta que o consumo baixe considerablemente. É obvio que durante unha hora non se vai solucionar nada. A Hora do Planeta pretende cambiar hábitos de vida. Fai anos pechar a billa cando nos cepillábamos os dentes parecía un aforro insignificante, hoxe é unha das medidas de aforro máis importantes de auga, xa que na suma de todos está o resultado final.

Este artigo é un dos mellores exemplos de mal entendemento dunha iniciativa e dos valores que defende. Ninguén quere demonizar a electricidade, nin a luz, ninguén cuestiona os avances traídos pola electricidade. O que se fai na Hora do Planeta é reflexionar sobre o mal uso da electricidade e o malgasto de recursos naturais.

En canto ao que di de levar electricidade alí onde non a hai dicir que isto non é cuestionable, pero si son cuestionables o modelo de consumo e instalación que se queiran implantar. Dende logo se o modelo enerxético non cambia e os hábitos de consumo tampouco temos un problema serio que, co tempo, igual impide xerar a enerxía que hoxe coñecemos e que nos dá o nivel de vida actual.

O artigo completo: La_hora_del_planeta_con_pocas_luces

Recordade que sobre a ausencia de luz en campos de refuxiados falamos neste artigo: Ikea e a ¿seguridade?

Cidades intelixentes… ¿En serio?

Pois seguindo un pouco a liña da entrada A enerxía que pensa… ¿En serio?, hoxe traemos cidades intelixentes. Hai moitos temas a tratar nisto de cidades intelixentes, pero a fotografía que acompaña a esta noticia de Cadena Ser parece que contradice un pouco á intelixencia… E é que esas luces apuntando directamente á praia…

Fonte: http://www.cadenaser.com/tecnologia/articulo/ciudades-espanolas-vez-inteligentes/csrcsrpor/20140607csrcsrtec_1/Tes
Fonte: http://www.cadenaser.com/tecnologia/articulo/ciudades-espanolas-vez-inteligentes/csrcsrpor/20140607csrcsrtec_1/Tes

A enerxía que pensa… ¿En serio?

Así reza o slogan da publicidade de Gas Natural Fenosa: “La energía que piensa”. As seguintes imaxes (vistas no correo de Yahoo!) mostran a publicidade co citado slogan:

publi_gas_natural_2 publi_3

O anuncio continúa dicindo “sí, sí, lo has visto bien”:

publi_gas_natural¿De verdade o autor desta publicidade viu ben o que estaba a facer? Sendo sinceiros a verdade é que a contaminación lumínica no ceo está moi ben posta e esta frase está pensada para facer fincapé no prezo. Ademais vese claramente o fulgor que desprenden a luz da cidade cara arriba, o cal é bastante realista. Pero o problema aparece cando se intenta vender enerxía “pensante” con focos iluminando cara un ceo cheo de estrelas… ¿Onde está a enerxía que pensa?

Máis imaxes do anuncio publicado noutros medio:

fenosaFdV1
Vista en Faro de Vigo

fenosaFdV2
Vista en Faro de Vigo

Vista en El País
Vista en El País
A publicidade foi vista no correo de Yahoo! e nas edicións dixitais do Faro de Vigo e El País.

LED e iluminación exterior

O tema LED parece non ter fin. Todo o mundo está de acordo en que é unha boa tecnoloxía e que voi ser o futuro, o problema xorde cando se fala do uso actual.

Como en calquera tecnoloxía no LED necesítase tempo para levar os resultados de laboratorio á realidade e para solucionar os problemas que se van atopando na súa implementación e que non se consideraron antes. Pero hai cousas que xa se saben e que se deben solucionar ou ter en conta antes de poñerse a instalar unha nova tecnoloxía en todas partes. Por exemplo, hoxe en día xa sabemos que para coñecer o impacto real dunha tecnoloxía no medio ambiente hai que estudar todo o ciclo de vida: dende a fabricación ata que remata a súa vida útil, incluso, na actualidade, no impacto real tamén se inclúe o custo da reciclaxe.

Recordamos esta páxina onde se analiza todo o ciclo dos LEDs para entender mellor os seguintes enlaces que imos compartir agora. Un dos enlaces é unha entrevista a Enric Marco Soler, profesor do Departamento de Astronomía e Astrofísica da Universidade Politécnica de Valencia (el mesmo aclarou que nin é xefe de departamento nin catedrático) e o outro é un artigo do Diaro Z arxentino que contrasta diferentes opinións e traballos, un deles un traballo coordinado por Enric Marco sobre as luminarias LED na cidade española de Valencia.

Salientamos da entrevista o seguinte anaco:

¿Hay contaminación lumínica?
Si el LEDes de color blanco, el problema se agrava mucho más ya que el componente azul de la luz blanca se difunde más en la atmósfera de acuerdo con la ley de disper­sión de Rayleigh (recordad el fondo azul del cielo, que proviene de la luz blanca del Sol) y, por ello, se produce mayor deslumbra­miento a los peatones, a los vehículos y ma­yor contaminación lumínica en el medio na­tural ya que se observará mucho más lejos.