O mércores 21 de marzo de 2012 volve o noso roteiro ao Campus Sur (Campus Vida) da USC. Esta vez coa colaboración de Carolina Guitián Mariño, bolseira SPIU da Facultade de Farmacia e bolseira de Internacionalización da RUMC (Residencia Universitaria Monte da Condesa). Tamén contamos coa colaboración do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, que nos deixa o material para actividade.
Os participantes nesta actividade terán a oportunidade de escoitar e comprobar in situ as causas e consecuencias da contamianción lumínica, ademáis de observar, se as condicións climatolóxicas acompañan, as estrelas.
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto IACO 2012 que Calidade do Ceo Nocturno coordina nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
O roteiro pode consultarse no seguinte mapa de Google Maps:
ESTADES TODOS CONVIDADOS!
O pasado 21 de marzo de 2012, tivo lugar o II Roteiro Nocturno, Apaga unha luz, acende unha estrela. Foi unha xornada de tres horiñas moi agradables que compartimos dez persoas nun ambiente moi distendido. A actividade desenvolveuse en tres momentos. A primeira hora adicámola a traballar nunha aula sobre temas coma a astronomía, a contaminación luminica e os seus impactos e o Proxecto IACO. Neste tempo vimos videos e incluso fixemos un par de dinámicas para fixar mellor os conceptos que tratamos. A segunda hora adicámola ao roteiro en si, que consistiu nunha pequena aindaina nos darredores da R. U Monte da Condesa na que observamos o ceo nocturno e aprendemos a medir a Contaminación Lumínica no marco do Proxecto IACO. Finalmente clausuramos a actividade cunha posta en común amenizada cun café quentiño, pastas e sobaos (a verdade é que sentou moi ben despois do frío da noite santiaguesa…).
Dende aquí queremos dar mil grazas a Carolina Guitián Mariño por facilitarnos as cousas e darnos a oportunidade de repetir o Roteiro.