Noites da última semana de febreiro de 2014

Recuperamos esta sección olvidada de que se pode facer hoxe para propoñervos algo a pesar do mal tempo que estamos sufrido.

Estes últimos días de febreiro podedes fixarvos en como as nubes, a néboa e a humidade inflúen no aumento da contaminación lumínica. Sobre todo se tedes ocasión de ver un núcleo urbano dende unha distancia considerable, poderedes observar como a cobertura avermellada que se xera por mor da luz artificial é maior canto máis nublado estea o ceo.

A pesar do mal tempo desfrutade da noite, que tamén ofrece imaxes bonitas como a Lúa entre a néboa ou as nubes.

Rubién

A verdade que a nosa lingua ten palabras para todo. Se temos luscofusco para facer referencia aos momentos nos que se fai noite ou empeza a notarse a clareza dos primeiros raios do Sol, non ía ser menos a luz que se ve neses momentos.

Rubién: Luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ao abrir o día ou ao atardecer, cando lles dá o sol. A rubién é sinal de bo tempo.

A acepción dada fala da luz, pero resulta que este substantivo en plural fai referencia ás propias nubes:

Rubiéns: Nubes de cor vermella que hai ao abrir o día ou ao atardecer cando as ilumina o sol. Fixo unhas fotos das rubiéns.

O avelaíño rubién do atardecer.