Proxecto IACO no IES Ramón Otero Pedrayo

O 2 de marzo de 2012 presentamos o proxecto IACO no IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña.

A actividade nocturna deste venres foi unha actividade completa pola que os responsables dela, mestres do insituto, merecen un gran recoñecemento. Os rapaces e rapazas de 1º e 4º da ESO puideron desfrutar dunha noite con chocolate e telescopios, ademáis de dúas charliñas de 15 minutos.

A noite estivo nublada (xa é mala pata pois leva o ceo despexado unha boa tempada) e non se pudo desfrutar da actividade ao 100%, pero o certo é que con estes rapaces sempre acaba saíndo algo bo porque participan e desfrutan do que hai.

Nesta festa á que nos invitaron estaban os nosos amigos da Asociación Astronómica Ío e foi Borja, membro dela, o encargado de empezar a actividade falando do planeta Marte. Despois nós explicamos brevemente o concepto, as causas e as consecuencias da contaminación lumínica e terminamos presentando o proxecto IACO no que esperemos participen.

Recordamos para todo o mundo que lea esto e en especial para os alumnos e alumnas deste instituto que ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN PARA FACER AS MEDICIÓNS DE CONTAMINACIÓN LUMÍNICA E EXPLICARVOS NA RÚA O QUE COMENTAMOS NAS CHARLAS E NOS NOSOS MEDIOS DE DIVULGACIÓN.

IACO 2012 – IES Ramón Otero Pedrayo

Voltamos ao IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña!!

Xa tiñamos ganas de atoparnos outra vez cos rapaces e rapazas deste instituto da Coruña do que gardamos moi bo recordo e de quen temos un especial cariño pola confianza depositada en nós o ano pasado.

Desta volta imos a unha actividade que xa tiñan organizada eles e na que nos engadiron cando lles comentamos que queriamos presentar o proxecto IACO no seu instituto.

Esperemos que lles guste a nosa proposta, que lles interese o prexecto e que o pasen, polo menos, a metade de ben que o pasamos nós na anterior visita.