Co inicio do novo ano toca facer un resumo do ano 2013. Foi o ano no que dende SEO/BirdLife realizáronse diferentes iniciativas para protexer á pardela cincenta da contaminación lumínica, entre outros problemas. Así o recollen na súa páxina.
Etiqueta: SEO
¿Que esconde a noite? (@SEO_BirdLife)
A noite, cando a contaminación lumínica non o impide, mostra as estrelas. Pero tamén esconde seres vivos que fan toda a súa actividade mentres o Sol permanece “escondido”. O programa NOCTUA de SEO/BirdLife é unha oportunidade de desfrutar do son das aves nocturnas (e quizáis ver algunha). Un motivo máis para protexer a noite.
Na páxina da asociación ornitolóxica pódese ver o seguinte vídeo:
Vídeo: Las aves nocturnas vistas por un voluntario
Pola pardela! (2ª parte) (@SEO_BirdLife)
Nunha semana SEO/BirdLife leva programadas dúas actividades para concienciar da importancia de protexer á pardela cincenta da contaminación lumínica. A primeira foi o sábado dous novembro e a seguinte será o 7 de novembro en Tenerife. Ademáis de facernos eco da súa actividade e do seu esforzo, queremos darlles os nosos parabéns e agradecerlles o traballo.
Pola pardela! (@SEO_BirdLife)
Xa comentamos neste blogue os problemas que causa a contaminación lumínica ás aves migratorias e ás mariñas. Concretamente falamos das Illas Canarias e da pardela cincenta como un problema serio que SEO/BirdLife procura solucionar. E da súa man nace a seguinte actividade para protexer á pardela cincenta da contaminación lumínica:
Parabéns pola iniciativa
@SEO_BirdLife e @dhowellseo!
Polos na costa canaria
Fai tempo que escribimos un artigo sobre diferentes problemas que causa a contaminación lumínica nos seres vivos. Hoxe estamos en condicións de poñer un exemplo concreto que sucede en España.
O exemplo que traemos da man de SEO/BirdLife é a pardela cincenta, que aniña nas Illas Canarias e, como as tartarugas, atópanse co problema das luces artificais tras saír do ovo. Estas aves non están de paso, van ás Canarias a reproducirse e, sen quitar importancia a outras aves e outros problemas, é moi importante entender a importancia que ten que a nosa influencia no desenvolvemento dos polos sexa mínima, e neste caso a contaminación lumínica fai moito mal. Con ser as Illas Canarias un lugar no que hai moita concienciación coa boa iluminación, esta especie vese afectada igualmente por ela. Se pensamos noutros lugares onde a concienciación é menor ou inexistentes imaxinade as consecuencias.
Aquí vos deixamos a adevertencia de SEO/BirdLife sobre este problema.
Programa NOCTUA
Nesta entrada queremos presentar unha iniciativa que nos parece moi interesante da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO).
O programa NOCTUA ten como obxectivo coñecer os problemas das aves nocturnas. Este programa é, polo tanto, unha nova oportunidade para desfrutar da noite e do que esta ofrece.
Nós lanzamos dende aquí aos afecionados á ornitoloxía e a toda persoa que estea interesada en pasar unha noite entretida e diferente, a idea de aproveitar esta iniciativa para fixarse e recoller datos sobre as distancias ás que están os focos de luz máis próximos e a describilos, coa intención de saber se a propia luz influe nos cambios poblacionais das aves nocturnas.
Os membros de Calidade Do Ceo están valorando actualmente a opción de participar como grupo activo no programa, pero como di o dito… Quen moito abarca… Por iso animamos á xente a participar, a compartir datos e opinións ao respecto e a propoñernos actividades que inclúan a participación neste programa, pero nós de momento só nos comprometemos a incluír nas nosas actividades toda a información que podamos sobre o programa e a ir formándonos e adquirindo coñecemento ao mesmo tempo que facemos as actividades sobre ornitoloxía.