Calidade do Ceo Nocturno: divulgación de causas e consecuencias da contaminación lumínica en Galicia.

A continuación mostramos o resumo que enviamos ao comité científico do congreso ‘Contaminación lumínica: unha nova fronteira’ e que foi aceptado para participar cunha comunicación oral. Temos participado de maneira individual en diferentes congresos, tanto como público como con comunicacións en formato póster ou oral, pero sempre polo noso traballo de investigación. Por primeira vez imos participar polo noso traballo como divulgadores. Temos moitas ganas de que chegue o día da estrea.

English (orixinal)

Calidade do Ceo Nocturno é un grupo multidisciplinar galego de loita contra a contaminación lumínica formado por unha estudante de dereito, unha historiadora da arte e un matemático que nace no seo da Oficina de Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela no curso académico 2010-2011. Dende entón, o grupo realizou diferentes actividades na Universidade de Santiago de Compostela, na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e no instituto Ramón Otero Pedrayo de A Coruña. Ademais de realizar un labor divulgativo máis constante nas redes sociais e no blogue calidadedoceo.wordpress.com.

Desde que o colectivo Calidade do Ceo Nocturno botou a andar, sucédense as colaboracións con empresas privadas, universidades, investigadores e asociacións de diferentes campos, cos que se organizan actividades rigorosas cientificamente, pero aptas para tódolos públicos e sempre de balde.
mparques eólicos

O grupo Calidade do Ceo Nocturno céntrase en tres obxectivos: 1) que as conclusións e os datos científicos cheguen nunha linguaxe clara e concisa a tódolos niveis da sociedade para que sexa esta a que promova cambios concretos e efectivos, 2) que os profesionais e especialistas en contaminación lumínica, e as súas mensaxes, non se promulguen só en foros científicos, 3) crear lazos e unir esforzos con grupos locais de distintas disciplinas interesados na loita contra a contaminación lumínica.

Nesta comunicación queremos compartir nosa experiencia cos asistentes e mostrar nosa maneira colaborativa, multidisciplinar e participativa de divulgación.

Contaminación lumínica: unha nova fronteira (reunión científica / curso de verán da USC)

INFO: Galego — English — Español

En setembro de 2015, do día 2 ao 4, xogamos en casa. Un novo congreso sobre contaminación lumínica ao que asistiremos, pero desta volta na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ademais nesta ocasión unha persoa de Calidade do Ceo Nocturno será o secretario do congreso.

Este novo congreso sobre contaminación lumínica será aproveitado tamén pola Rede Española de Estudos de Contaminación Lumínica para facer a súa reunión anual e tamén é ofertado como un Curso de Verán da USC, polo que hai créditos para os estudantes.

Por outra banda, tamén se formou un comité científico internacional, polo que todos os estudantes de doutorados e investigadores poden enviar as súas comunicacións orais ou en formato póster para ser avaliados e expostos durante os 3 días de reunión.

Os días 2 e 3 o congreso terá lugar en Santiago, na Escola de Óptica e Optometría, o venres 4 un autobús levará aos asistentes a Vigo para rematar a reunión no  Centro de Visitantes do Parque Nacional MarítimoTerrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Para matricularse ir aquí: https://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/2015/curso_0031.html

Máis info nos seguintes dípticos en galego, español e inglés.

Díptico galego — English — Español

Sexas estudante ou investigador, non o dubides, MATRICÚLATE

Hora do Planeta 2012

Hora do Planeta 2012 xa está en marcha na Universidade de Santiago de Compostela!

A USC adheriuse a esta iniciativa e por este motivo a Oficina de Desenvolvemento Sostible e Calidade Do Ceo Nocturno, baixo o proxecto USC en Transición, temos organizada unha charla-coloquio para este luns 26 ás 18:00 no Salón de Actos da Facultade de Dereito.
Trataranse os temas do cambio climático, da acontaminación lumínica e da eficiencia enerxética na nosa actual situación económica, na que cada euro que se gasta ten que estar moi xustificado, e a responsabilidade social coa sostenibilidade é cada vez maior. A contaminación lumínica é un problema real e moi extenso: afecta a todo ser vivo (humanos, aves, réptiles e moitos máis), á investigación astronómica, á conservación do patrimonio celeste, a manter viva a cultura herdada da observación do ceo (efemérides e lendas son dous exemplos) e un largo etcétera. Ademáis a dilapidación enerxética e a emisión de gases contaminantes vense agravadas pola necesidade de xerar máis enerxía para cubrir o excesivo e innecesario consumo da nosa sociedade.
Non queremos que a Hora do Planeta quede nun simple xesto dunha hora, nós apostamos por ser eficientes e sostibles durante todo o ano e durante toda a vida, polo tanto aproveitarmos esta ocasión para dar a coñecer os problemas e as solucións para un mundo máis sostible. Para acadar este obxectivo contamos cun plantel de luxo que tratará diferentes temas: seres vivos, iluminación eficiente, consumo enerxético, LEDs, sostenibilidade no rural, entre outros.
O día 26 na Facultade de Dereito da USC trataranse os temas de contaminación lumínica, sostenibilidade, eficiencia enerxética e temas relacionados.
Os relatores son:

D. Salvador Xurxo Bará Viñas: fará unha presentación sobre a eficiencia enerxética falando da iluminación LED.
Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela do departamento de Física Aplicada adscrito á Facultade de Física da USC. Director do curso Astronomía na Beirarrúa que se imparte tódolos anos na Escola Universitaria de Óptica e Optometría da USC.

D. José Luis Carreira Valín: explicará as aplicacións de modelos de sustentabilidade e autosuficiencia na empresa privada.
Ecoemprendedor e impulsor da granxa Arqueixal localizada na parroquia de Santiago de Albá (Palas de Rei), Comarca de Ulloa. Arqueixal é unha empresa de turismo rural, agroalimentaria e agrogandeira de produción de lácteos ecolóxicos: iogures, leite e queixo. Iniciouse en 1989 tratando de recuperar saberes tradicionais e de calidade, e que na actualidade segue evolucionando cara un concepto máis global de valoración do entorno rural a través dunha economía sostibe, sustanble e diversificada.

D. José Ángel Docobo Durántez: presentará a problemática da contaminación lumínica.
Catedrático de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Comisión 26 de Estrelas Dobres e Múltiples da Unión Astronómica Internacional (as súas siglas en inglés son IAU).

D. Serafín González Prieto: falará do impacto da contaminación lumínica nos seres vivos.
Investigador e coordinador de diferentes proxectos de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.

Unha representación do Concello de Santiago de Compostela.
___________________________________________________________