I Xornadas. A Sostibilidade Ambiental Universitaria a Debate (8 de maio de 2014)

Mañá, 8 de maio de 2014, imos estar nestas xornadas organizadas pola Oficina de Desenvolvemento Sostible (ODS) da USC na Sala de Xuntas Facultade de Psicoloxía. O obxectivo, segundo a propia Oficina, é:

  • Coñecer o estado actual das universidades españolas ao respecto da sostibilidade ambiental.
  • Fomentar a colaboración entre investigadores e grupos de investigación de dentro e fóra das universidades en prol da sostibilidade ambiental universitaria.
  • Habilitar espazos para o debate e a reflexión ao redor da sostibilidade ambiental e o papel dos distintos actores da comunidade universitaria no seu pulo e proxección.

Nós estaremos de 17:30 a 19:30 na Mesa de experiencias II, onde falaremos de todas as nosas vivencias arredor da contaminación lumínica dende que empezamos como bolseiros SPIU ata hoxe en día, que permanecemos como grupo USC en Transición e divulgando as causas e consecuencias da contaminación lumínica, así como falando da necesidade de loitar contra ela, de diferentes xeitos.

Coma sempre gustaríanos contar coa vosa presenza e, como non, agradecer á ODS a nosa participación neste evento.
Más información nos seguintes enlaces:

Para consultar o programa das comunicacións premer aquí: Comunicacións

Gran afluencia a ‘O alén da Hora do Planeta’

Máis de 30 persoas de diferentes idades viñeron o martes 25 de marzo á nosa activade ‘O alén da Hora do Planeta‘, que contou coa presenza da coordinadora da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC Sra. dona Mª Teresa Barral Silva e da Vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade Sra. dona Benita Silva Hermo.

Como vén sendo habitual ao comezo da actividade os asistentes permanecen calados e un pouco desconfiados co que contamos, pero a medida que a actividade avanza a participación e a interacción aumenta, creando debates e conversas interesantes nas que todos aprendemos, o que agradecemos moitísimo.

A parte negativa desta actividade foi que a choiva non nos permitiu entrar o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, pero tanto nós coma o seu director comprometémonos a facer a visita outro día.

Cabe destacar que nesta ocasión foros bastantes os medios que se fixeron eco desta actividade: Xornal da USCFaro de Vigo, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Opinión de A Coruña e Radio Galega (entre os minutos 22 e 23).

Deixamos unhas cantas fotos desta tarde noite que desfrutamos moito e que esperamos repetir pronto. Graciñas a todos por vir e participar.

Actividade Hora do Planeta 2014

hora del planeta

 

Unha vez máis, coma no ano 2012, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC e Calidade do Ceo xuntámonos para organizar unha actividade pola celebración da Hora do Planeta 2014. Nesta ocasión contamos coa participación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), que falan da contaminación lumínica na súa web.

Animádevos a participar connosco e compartir a experiencia e opinións.

Resumo e fotos da actividade.

Medición do brillo do ceo en Galicia

Facemos esta entrada moi rápida mentres elaboramos un apartado no blogue para este tema para informarvos de que o grupo de investigación de Universidade de Santiago de Compostela Microóptica e Sensores de Frente de Ondas, formado por físicos e ópticos-optometristas, coordinados polo profesor Salva Bará, vén de acadar un acordo con MeteoGalicia para poñer detectores SQM de medición  de contaminación lumínica en diferentes puntos de Galicia.

Os datos poden ser consultados en tempo real na páxina do servizo público de meteoroloxía: http://www.meteogalicia.es

Adxuntamos aquí un arquivo pdf redactado por Salva Bará para máis información: Guía rápida para a consulta de datos da Rede de Medida do Brillo do Ceo nas estacións de MeteoGalicia.