A nosa pequena historia

Calidade do Ceo Nocturno nace dunha inciativa sobre Contaminación Lumínica impulsada por un grupo de bolseiros do Plan de Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela dentro dun proxecto chamado USC en transición nado no curso 2010-2011.

Inicialmente o grupo está composto por cinco estudantes da USC preocupados e concienciados coas problemáticas ambientais e sociais “nas que estamos envoltos no mundo que nos tocou virvir”. Concretamente o grupo traballa coa Contaminación Lumínica, intentando concienciar á comunidade universitaria das súas causas e impactos e procurando que toda a sociedad se responsabilice das mesmas na procura dun mundo mellor. O proxecto de Calidade do Ceo Nocturno ía durar tan só o tempo que duraba a bolsa, pero cando esta rematou tres dos seus compoñentes continuaron o traballo.

Así, dende xullo de 2011, seguen xuntos esta andanza Víctor, Cristina e Lucía, quen en xullo de 2015 deciden formalizar a situación e presentar no resistro de Vigo da Xunta de Galicia os estatutos que darán lugar a este colectivo.

Deixar un comentario