USC en Transición

PDSUSC en Transición é un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) promovido pola Oficina de Desenvonvemento Sostible (ODS. Antes Plan de Desenvolvemento Sostible) nado no curso académico 2010 – 2011. O grupo Calidade Do Ceo Nocturno nace ese mesmo ano no seo deste proxecto. Xa está dito na nosa presentación que todo empezou cando nese ano disfrutamos da bolsa SPIU que outorga a ODS cada ano a estudantes da USC. Neste ano organizamos varias actividades de difusión das causas e consecuencias da problemática da contaminación lumínica con gran acollida e interese.

Facebook da ODS
Facebook da ODS

Agora o noso grupo segue vinculado á USC e á ODS pero con independencia deles. A colaboración con nós e o interese polo noso traballo da ODS é unha gran alegría e honra para nós, xa que quere dicir que quen nos viu nacer cre no noso traballo e nas nosas ganas de facer as cousas o mellor que sabemos.

Nós tamén cremos no proxecto USC en Transición e dende aquí queremos enviar o noso apoio e a nosa colaboración a tódolos participantes neste proxecto, tanto aos grupos vinculados coma nós coma á organización e coordinación da ODS.

Invitamos a tódolos nosos seguidores a entrar na web de USC en Transición porque hai traballos e proxectos moi interesantes dos que podemos aprender moito.

Aquí vos deixamos a páxina onde podedes atopar información sobre comunidades en transición, o proxecto USC en Transición e información sobre outros grupos.

http://www.usc.es/entransicion/

nós en USC en Transicion

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s