Semana da Ciencia 2015 na USC

A semana que vén, co motivo da Semana da Ciencia, estaremos na Escola de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela.

usc_osa_cl

Xunto co grupo USC-OSA organizamos unha nova actividade na USC para sensibilizar sobre as causas e consecuencias da contaminación luminosa.

Como xa é habitual, primeiro faremos unha pequena charla e despois un roteiro polo campus para discutir sobre a iluminación e, se o tempo o permite, observar o ceo estrelado. Desta volta a charla centrasase na divulgación de traballos de investigación que se levan a cabo no noso país relacionados coa contaminación luminosa, ademais dunha introdución á contaminación luminosa para aqueles que sexan iniciados neste tema.

A actividade é de balde, pero haberá ao final haberá un coloquio amenizado cun chocolate.

Se queres axudar a que continuemos co noso traballo e se queres colaborar activamente con nós faite socio de Calidade do Ceo Nocturno.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s