El peregrino de Compostela

El Peregrino de Compostela (Diario de un mago) é un libro escrito en 1987 polo escritor brasileiro Paulo Coelho. Nel se relata a historia persoal vivida polo escritor recorrendo o Camiño de Santiago.

¿Por que falamos deste libro aquí? Porque intentamos enfocar o tema da contaminación lumínica dende diferentes perspectivas e queremos facer fincapé na importancia que ten o ceo escuro na nosa cultura e vida cotiá. Para moitos de nós é normal falar ou escoitar distintas referencias a estrelas ou ao ceo en xeral en cancións, poemas, novelas, na televisión, no cine… Pero se cada día é máis difícil observar as estrelas é de supoñer que estas referencias serán cada vez menores e as lendas e historias que se representan e que son creadas pola admiración do ceo nocturno caerán no olvido.

Neste libro fanse varias referencias ao ceo e as estrelas e nestas referencias queda plasmada a gran importancia que a observación tivo no desenrolo da nosa cultura e da cidade de Compostela.

Como non se trata de contar todo o libro resaltamos estes tres anacos da novela:

  • “El lugar quedó conocido como Compostela – el camino de la estrella – y luego surgió una ciudad que atrajo a viajeros del resto del mundo cristiano.”
  •  “En su época áurea, en el siglo XIV, la Vía Láctea (porque en la noche los peregrinos se guiaban por esta galaxia) llegó a ser recorrida todos los años por más de un millón de personas procedentes de todos los rincones de Europa.”
  • “Gracias al sacerdote francés Aymeric Picaud, que peregrinó a Compostela en 1123, la ruta seguida hoy por los peregrinos es la misma que recorrieron Carlomagno, san Francisco de Asís, Isabel la Católica y, más recientemente, el papa Juan XXIII, entre otros.Picaud escribió cinco libros sobre su experiencia, presentados como trabajo del papa Calixto II – devoto de Santiago – y conocido más tarde como el Codex Calixtinus. En el libro V del Codex Calixtinus, “Liber Sancti Jacobi”, Picaud enumera las marcas naturales: fuentes, hospitales, refugios y ciudades que se extendían a lo largo del camino.”

Este último anaco foi escollido polo suceso, aínda recente, do roubo do Códice Calixtino da Catedral de Santiago de Compostela e porque con el queda máis claro aínda a importancia que tiveron as estrelas á hora de facer tan coñecido un camiño que chegou a ser percorrido por personaxes históricos. A súa importancia fixo que Picaud tomase a decisión de facer un mapa do camiño.

Esperamos que vos guste esta entrada e se ledes algún libro que trate o tema e queredes que apareza aquí xa coñeces tódolos medios existentes para poñervos en contacto con nós.

Advertisements

One thought on “El peregrino de Compostela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s