(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)
Seguimos tomando medidas grazas a Ramón Iglesias, un colega polifacético membro do Clube de Astronomía Vega, astrónomo técnio no Observatorio Astrofísico de Javalambre (Teruel) e doutorando da Universidad La Laguna de Tenerife.
Desta volta o SQM foi ata o concello de Vedra e colocouse o SQM nun lugar a aproximadamente a 8 km de Santiago de Compostela, onde con nubes o brillo de ceo chega ata 18 magnitudes por culpa da luz reflectida nelas, pero que cando o ceo está despexado a escuridade chega ata as 20 magnitudes, un bo dato.
Como vemos nas seguintes imaxes de satélites obtidas da páxina de Meteogalicia, o día 26 Galicia estaba cuberta de nubes, mentres que os outros dous días na zona de Vedra a cousa mellorou.