Dende aquí queremos dar as grazas á USC por outorgarnos este premio e a todos vós por estar ao noso carón, xa quesen o voso apoio nada disto sería posible.
Ademáis, estades todos convivados ao acto de entrega que terá lugar o venres 11 de maio, ás 12.00h, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría(Campus Sur).
O 11 de maio é o Día Europeo da Enerxía e antes da entrega de premios celebrarase este día cunha charla sobre enerxías renovables, obradoiro de cociña solar e visita ás instalacións de enerxía renovable da USC. Esta actividade é o venres 11 de maio, ás 10.30h, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
Con motivo do Día da Ciencia celebrado na cidade de A Coruña emitiuse, con entrada de balde, no planetario da Casa das Ciencias o audiovisual “Noche estrellada en el museo”.
No audiovisual trátatase a astronomía como fonte de cultura, ciencia e motivación. Tamén se trata a contaminación lumínica como a culpable de que non podamos desfrutar do noso dereito a un ceo nocturno estrelado e nómbrase o tratado Starlight, concretamente a parte do tratado onde se di:
“O dereito a un ceo nocturno non contaminado que permita desfrutar da contemplación do firmamento debe considerarse como un dereito inalienable da Humanidade, equiparable ao resto dos dereitos ambientais, sociais e culturais”.
O seguinte enlace é un enlace á páxina deste audiovisual onde podedes atopar moita información interesante sobre a relación entre arte, monumentos e astronomía, toda a cultura que se atopa no firmamento e un avance do que se pode ver no audiovisual.
El Correo Gallego consultounos hai uns días sobre a ordenanza municipal que o Concello de Santiago de Compostela sacará adiante para permitir que nos edificios se poida instalar publicidade con iluminación.
Aquí vos deixamos as noticias ao respecto. Na última fálase de nós.
Grazas a El Correo Gallego por confiar na nosa opinión.
Seguramente moitos dos que esteades lendo este artigo, fixéstedes cola na entrada do cine no 1997 para ver a película Titanic; e tamén é certo que a meirande parte de nós a vimos sen reparar no ceo estrelado que caía sobre Rose, cando esta levantaba a súa vista á inmensidade do firmamento, “esperando a vivir ou morrer” e postrada na táboa de madeira que a salvaría.
Quen si o fixo e deixou constancia delo, foi Neil deGrasse Tyson, o famoso astrofísico estadounidense, famoso por publicar a súa meme en distintas redes sociais. Neil descubriu, que xusto na escea da película que describimos anteriormente, o mapa estelar que se presentaba non era o correcto. Aquela fría noite do 15 de abril de 1912, ás 4:20 am, momento no que se sitúa dito fotograma, o ceo que nel se representa correspondía co lado dereito e non co lado esquerdo que observamos na película. E deste xeito é como James Cameron explica de que forma Neil deGrasse contactou con él:
“Neil deGrasse Tyson envioume un correo electrónico bastante sarcástico dicindo, que nesa época do ano, nesa posición no atlántico en 1912, cando Rose (Kate Winslet) se atopaba na táboa mirando as estrelas, no corresponde ao campo de estrelas que ela vira”.
A contestación de Cameron foi a seguinte:
“E coa miña reputación de perfeccionista, debería ter sabido iso e debería ter posto o campo de estrelas ao fondo á dereita, así que dixen: “Moi ben, que me envíen as estrelas adecuadas na hora exacta e o vou por na película”.
Este erro solventouse na reedición do filme en 3D que J. Cameron lanzou co motivo do 100 aniversario do afundimento do Titanic. Como vedes, aínda quedan gardiáns do ceo nocturno.
Deixámosvos no apartado de vídeos, unha grabación de Neil deGrasse explicando a súa teoría sobre a posición das estrelas aquela noite e sobre como transcorreu a súa relación con Cameron. Esperamos que a disfrutedes, porque este home é puro espectáculo!
Mario Benedetti foi un escritor e poetauruguaio integrante da Xeración do 45.
Este poema transmite emocións e sentimentos ante unha estrela fugaz, pero todo termina, por que..? Porque no ceo xa non se contempla nada.
Mientras pasa la estrella fugaz
acopio este deseo instantáneo
montones de deseos hondos y prioritarios
por ejemplo que el dolor no me apague la rabia
que la alegría no desarme mi amor
que los asesinos del pueblo se traguen
sus molares caninos e incisivos
y se muerdan juiciosamente el hígado
que los barrotes de las celdas
se vuelvan de azúcar o se curven de piedad
y mis hermanos puedan hacer de nuevo
el amor y la revolución
que cuando enfrentemos el implacable espejo
no maldigamos ni nos maldigamos
que los justos avancen
aunque estén imperfectos y heridos
que avancen porfiados como castores
solidarios como abejas
aguerridos como jaguares
y empuñen todos sus noes
para instalar la gran afirmación
que la muerte pierda su asquerosa puntualidad
que cuando el corazón se salga del pecho
pueda encontrar el camino de regreso
que la muerte pierda su asquerosa
y brutal puntualidad
pero si llega puntual no nos agarre
muertos de vergüenza
que el aire vuelva a ser respirable y de todos
y que vos muchachita sigas alegre y dolorida
poniendo en tus ojos el alma
y tu mano en mi mano
y nada más
porque el cielo ya está de nuevo torvo
y sin estrellas
con helicóptero y sin dios
A Hora do Planeta 2012 xa está en marcha na Universidade de Santiago de Compostela!
A USC adheriuse a esta iniciativa e por este motivo a Oficina de Desenvolvemento Sostible e Calidade Do Ceo Nocturno, baixo o proxecto USC en Transición, temos organizada unha charla-coloquio para este luns 26 ás 18:00 no Salón de Actos da Facultade de Dereito.
Trataranse os temas do cambio climático, da acontaminación lumínica e da eficiencia enerxética na nosa actual situación económica, na que cada euro que se gasta ten que estar moi xustificado, e a responsabilidade social coa sostenibilidade é cada vez maior. A contaminación lumínica é un problema real e moi extenso: afecta a todo ser vivo (humanos, aves, réptiles e moitos máis), á investigación astronómica, á conservación do patrimonio celeste, a manter viva a cultura herdada da observación do ceo (efemérides e lendas son dous exemplos) e un largo etcétera. Ademáis a dilapidación enerxética e a emisión de gases contaminantes vense agravadas pola necesidade de xerar máis enerxía para cubrir o excesivo e innecesario consumo da nosa sociedade.
Non queremos que a Hora do Planeta quede nun simple xesto dunha hora, nós apostamos por ser eficientes e sostibles durante todo o ano e durante toda a vida, polo tanto aproveitarmos esta ocasión para dar a coñecer os problemas e as solucións para un mundo máis sostible. Para acadar este obxectivo contamos cun plantel de luxo que tratará diferentes temas: seres vivos, iluminación eficiente, consumo enerxético, LEDs, sostenibilidade no rural, entre outros.
O día 26 na Facultade de Dereito da USC trataranse os temas de contaminación lumínica, sostenibilidade, eficiencia enerxética e temas relacionados.
Os relatores son:
D. Salvador Xurxo Bará Viñas: fará unha presentación sobre a eficiencia enerxética falando da iluminación LED. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela do departamento de Física Aplicada adscrito á Facultade de Física da USC. Director do curso Astronomía na Beirarrúa que se imparte tódolos anos na Escola Universitaria de Óptica e Optometría da USC.
D. José Luis Carreira Valín: explicará as aplicacións de modelos de sustentabilidade e autosuficiencia na empresa privada. Ecoemprendedor e impulsor da granxa Arqueixal localizada na parroquia de Santiago de Albá (Palas de Rei), Comarca de Ulloa. Arqueixal é unha empresa de turismo rural, agroalimentaria e agrogandeira de produción de lácteos ecolóxicos: iogures, leite e queixo. Iniciouse en 1989 tratando de recuperar saberes tradicionais e de calidade, e que na actualidade segue evolucionando cara un concepto máis global de valoración do entorno rural a través dunha economía sostibe, sustanble e diversificada.
D. José Ángel Docobo Durántez: presentará a problemática da contaminación lumínica. Catedrático de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Comisión 26 de Estrelas Dobres e Múltiples da Unión Astronómica Internacional (as súas siglas en inglés son IAU).
D. Serafín González Prieto: falará do impacto da contaminación lumínica nos seres vivos. Investigador e coordinador de diferentes proxectos de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.
Unha representación do Concello de Santiago de Compostela.
O mércores 21 de marzo de 2012 volve o noso roteiro ao Campus Sur (Campus Vida) da USC. Esta vez coa colaboración de Carolina Guitián Mariño, bolseira SPIU da Facultade de Farmacia e bolseira de Internacionalización da RUMC (Residencia Universitaria Monte da Condesa). Tamén contamos coa colaboración do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, que nos deixa o material para actividade.
Os participantes nesta actividade terán a oportunidade de escoitar e comprobar in situ as causas e consecuencias da contamianción lumínica, ademáis de observar, se as condicións climatolóxicas acompañan, as estrelas.
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto IACO 2012 que Calidade do Ceo Nocturno coordina nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
O roteiro pode consultarse no seguinte mapa de Google Maps:
O pasado 21 de marzo de 2012, tivo lugar o II Roteiro Nocturno, Apaga unha luz, acende unha estrela. Foi unha xornada de tres horiñas moi agradables que compartimos dez persoas nun ambiente moi distendido. A actividade desenvolveuse en tres momentos. A primeira hora adicámola a traballar nunha aula sobre temas coma a astronomía, a contaminación luminica e os seus impactos e o Proxecto IACO. Neste tempo vimos videos e incluso fixemos un par de dinámicas para fixar mellor os conceptos que tratamos. A segunda hora adicámola ao roteiro en si, que consistiu nunha pequena aindaina nos darredores da R. U Monte da Condesa na que observamos o ceo nocturno e aprendemos a medir a Contaminación Lumínica no marco do Proxecto IACO. Finalmente clausuramos a actividade cunha posta en común amenizada cun café quentiño, pastas e sobaos (a verdade é que sentou moi ben despois do frío da noite santiaguesa…).
Dende aquí queremos dar mil grazas a Carolina Guitián Mariño por facilitarnos as cousas e darnos a oportunidade de repetir o Roteiro.