O próximo xoves 20 de abril estaremos na Facultade de Matemáticas para reflexionar con todo aquel que queira asistir, sobre o concepto de contaminación luminosa. Qué é a contaminación luminosa? A quen afecta e cómo? Cal é a situación actual en Galiza? Qué podemos facer para reducila e consumir luz artificial de forma responsable?. Todas estas cuestións e algunhas máis quedarán resoltas ao final da xornada.
Alén diso, faremos un roteiro nocturno circular que partirá da mesma facultade e pasará por diferentes puntos nos que comentaremos diferentes tipos de iluminación e problemáticas asociadas ao tempo que tomaremos medidas do brillo do ceo.