Medidas do brillo do ceo en Pontevedra (18-25/06/2017)

(Se é a primeria vez que les sobre isto é recomendable que visites a páxina Brillo do ceo nocturno)

O SQM estivo na cidade de Pontevedra, concretamente na Avenida de Marín. Como se ve nas fotos é un lugar preto da autoestrada AP-9, que nese tramo está iluminado tanto pola ponte coma polas entradas e saídas que ten en sentido Marín e Ourense. Estas luces das entradas e saídas foron substituídas  hai pouco por tecnoloxía LED de cor branca cunha potencia considerable. Dende este lugar tamén se observa o Porto de Marín, a autoestrada Pontevedra-Marín, e o mar, onde non hai luces instaladas (polo de agora). Non é o centro da cidade, pero si é unha zona onde vive moita xente e moi preto do centro, polo que as medidas aquí feitas son moi interesantes: un lugar alto sen luces directas, pero ao que chegan luces dende o centro da cidade, pero tamén de estradas e dun porto.

O ceo estivo despexado case tódolos días, só estivo cuberto a noite do 21 e con intervalos nubosos a noite do 22, algo que se reflexa nas gráficas con medidas cercanas a 15 magnitudes, que é un ceo moi brillante. Cabe resaltar que o resto de noites, despexadas, o brillo do ceo chegou a 18 magnitudes, medida habitual en cidades contaminadas. Pero na diferenza entre o brillo con nubes e despexado hai unha información moi preocupante sobre Pontevedra: todo o brillo de todo o que rodea ao lugar onde se mediu e que se mencionou ao comezo deste artigo reflíctese nas nubes e isto demostra a cantidade de luz que vai cara o ceo. Estamos a falar de que o ceo brilla máis de 10 veces máis con nubes. Iso é moita contaminación luminosa!

Advertisements

3 thoughts on “Medidas do brillo do ceo en Pontevedra (18-25/06/2017)

  1. Moitas grazas á Asociación Calidade do Ceo Nocturno por deixarnos de novo o seu fotómetro SQM para medir durante estas semanas na cidade de Pontevedra de cara a ter resultados que amosar na actividade de divulgación e concienciación sobre a problemática da contaminación luminosa en Pontevedra que estamos a co-organizar xunto á Concellería de Medio Natural do Concello de Pontevedra para o próximo día 8 de setembro na Casa da Luz e que consistirá nun obradoiro interactivo, unha proxección dun documental, un roteiro polas rúas da cidade e unha observación urbana dende a Praza da Constitución en Campolongo. Esta primeira serie de medidas, que se completará nas próximas semanas con outra, aínda que feitas non desde o centro da cidade, si arroxan unha información moi interesante e preocupante. Queda claro o título que lle demos a actividade do día 8 de setembro: “Contaminación luminosa: ¡Hai que tomar medidas!”.
    Emilio (Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s