Así reza o slogan da publicidade de Gas Natural Fenosa: “La energía que piensa”. As seguintes imaxes (vistas no correo de Yahoo!) mostran a publicidade co citado slogan:
![]() |
![]() |
O anuncio continúa dicindo “sí, sí, lo has visto bien”:
¿De verdade o autor desta publicidade viu ben o que estaba a facer? Sendo sinceiros a verdade é que a contaminación lumínica no ceo está moi ben posta e esta frase está pensada para facer fincapé no prezo. Ademais vese claramente o fulgor que desprenden a luz da cidade cara arriba, o cal é bastante realista. Pero o problema aparece cando se intenta vender enerxía “pensante” con focos iluminando cara un ceo cheo de estrelas… ¿Onde está a enerxía que pensa?
Máis imaxes do anuncio publicado noutros medio:
One thought on “A enerxía que pensa… ¿En serio?”