Estreamos o noso Paseo da Fama particular aproveitando que estamos en plena campaña Globe at Night (GaN). Para participar en GaN hai que observar a constelación de Orión e é nesa constelación onde está Betelgeuse.
Betelgeuse é unha xigante vermella, de cor vermella-alaranxada, que se sitúa nun dos ombreiros de Orión, o cazador. É unha estrela moi brillante moi doada de localizar, xa que Orión é unha constelación moi grande e distinguible que se pode ver durante todo o inverno en España.
Como todo bo cazador Orión ten cans, e o Can Menor, un dos seus cans e unha constelación cercana, pódese atopar facilmente grazas a Betegeuse. Simplemente hai que trazar unha liña entre os ombreiros de Orión, seguir a liña máis alá de Betelgeuse e a seguinte estrella brillante, Procyon, é unha das dúas que forman o Can Menor.

2 thoughts on “Betelgeuse”